Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Xunta somete á información pública o proxecto de construción dunha base aérea transfronteiriza entre Verín e Oímbra no marco do proxecto Interlumes
A Xunta somete á información pública o proxecto de construción dunha base aérea transfronteiriza entre Verín e Oímbra no marco do proxecto Interlumes PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Novembro 2022 00:00

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 4 de outubro o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción dunha base de medios aéreos transfronteiriza -no marco do proxecto Interlumes do Programa de Cooperación INTERREG V-A España-Portugal (Poctep)-, nos concellos ourensáns de Verín (Mandín) e Oímbra (Rabal). Cómpre lembrar que para financiar a iniciativa Interlumes, no que ademais da Xunta participan o Goberno portugués e outras institucións de Galicia, Castela e León e Estremadura, prevese un investimento total de máis de 9 millóns de euros.

As obras consisten na construción da primeira base de avións transfronteiriza para reforzo da capacidade operativa de resposta na extinción de lumes forestais, co obxectivo de consolidar os mecanismos de cooperación na fronteira a prol da cohesión territorial e da constitución dunha organización de resposta conxunta na xestión de emerxencias entre rexións en materia de incendios. Agora, tras a publicación deste anuncio, as persoas que o consideren oportuno poderán formular por escrito as observacións que crean oportunas relativas á concepción global do proxecto provisionalmente aprobado. Tamén cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra.

O trámite de información pública realizarase durante un período de 20 días hábiles, contados a partir do sábado 5 de novembro. Así, calquera consideración poderá remitirse nese prazo á Dirección Xeral de Defensa do Monte (San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela) ou ao Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense (rúa Villaamil y Castro s/n, 32071 Ourense).

Asimesmo, poderase consultar a documentación, a nivel informativo, na Sede da Eurocidade Chaves-Verín (Edificio antiga aduana, avda. Portugal s/n, Feces de Abaixo, 32699 Verín).

As persoas interesadas poderán examinar o proxecto de construción a través do Portal de transparencia da Xunta e na páxina web da Consellería do Medio Rural.

Características do proxecto

Esta base caracterizarase pola súa adecuación a aeronaves especializadas en extinción, tanto avións de carga en terra como helicópteros e, incluso, avións anfibios, polo que estará dotada con distintos tipos de depósitos de carga en terra.Con categoría 2 de aeródromo, contará cunha superficie de 23 hectáreas e estará dotada dunha pista de 1.200 metros de lonxitude e 30 metros de ancho, con 15 metros a cada lado de superficie acondicionada. En cada extremo da plataforma de rodadura instalaranse balizas luminosas e haberá un hangar con capacidade para seis avionetas de carga en terra.

Así mesmo, ademais dunha construción duns 300 m² con estancias individuais para a tripulación, a base estará dotada de tanques de combustible cunha capacidade mínima de 40.000 litros. Tamén contará cunha motobomba para un caudal mínimo superior a 350 l./min. Ademais, haberá equipos de extinción compostos por tres depósitos de auga e unha rede de hidrantes (bocas de incendio).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>