Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Salón de actos da Casa da Cultura de Verín acolle a presentación da obra A verea Confusa de Edelmiro Mateo
O Salón de actos da Casa da Cultura de Verín acolle a presentación da obra A verea Confusa de Edelmiro Mateo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Novembro 2022 11:11

 O vindeiro mércores 23 de novembro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro A verea Confusa, obra de Edelmiro Mateo cuxas ilustracións foron realizadas polo artista verinés Fernando Barreira.

Sinopse: A verea Confusa son as respostas dun adulto ás atrevidas e comprometidas preguntas que Ile fai unha nena. Esas preguntas que todos nos fixemos algunha vez na vida e que pretenden unha solución razoada entre as alturas de idades, coa diferencia xeracional entre os dous. Son diálogos de certa profundidade ó nivel dunha cativa, para que comprenda e desfrute a fermosura de vivir neste mundo tan espléndido como agraciado.

Ilustrado por Fernando Barreira, converte o texto nunha obra de arte. Ademais da portada, ilustra cada un dos seus 12 capítulos con láminas en color, explicando a esencia de cada sección. É un libro que vai destinado a fillos, pais, avós, alumnos, mestres…, a calquera cidadán de calquera franxa de idade.

Edelmiro Mateo, Verín 1963, licenciado en Filosofía, diplomado en Pedagoxía e Músico. Autor do Cancioneiro de Baroncelli e dos libros: O viño, a viña e a bodega, na sabedoría popularO instinto de Alazán e O poeta esquecido. No seu círculo de acción é máis coñecido como “Mestremiro”.

Fernando Barreira, Verín 1964, Pintor, escultor, deseñador, creador de formas e patróns, e un sen fin de características positivas, resumindo un ARTISTA, porque en todo o que fai, deixa un toque persoal e o da súa liña estética.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>