Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas AEVER presenta a súa campaña de dinamización do Comercio Local "Os 6.000 de Verín"
AEVER presenta a súa campaña de dinamización do Comercio Local "Os 6.000 de Verín" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Novembro 2022 14:09

 Esta mañá, tivo lugar a presentación da campaña “ OS 6.000 DE VERÍN" organizada pola Asociación de Empresarios de Verín (Aever Verín), en colaboración co Concello de Verín, para promover as vendas nos 112 establecementos integrados na mesma.

A mesma tivo lugar na sede de Aever, e contou coa presenza da concelleira da Área de Comercio, María Isabel González; do xerente da Asociación de Empresarios, José Ángel Rodicio, e do seu presidente, Santos Álvarez.

A campaña consistirá no sorteo ante notario, o vindeiro 28 de Decembro, de quince cheques:

  • 1 cheque de 2.000 €
  • 1 cheque de 1.000 €
  • 2 cheques de 500 €
  • 3 cheques de 300 €
  • 3 cheques de 200 €
  • 5 cheques de 100 €

Os establecementos e locais que participarán na campaña, entregarán boletos para participar no sorteo aos clientes que realicen compras do 16 de novembro e o 26 de Decembro do 2022. O diñeiro dos cheques deberá ser gastado nos locais e establecementos que participen nesta campaña.

Consulta as bases do concurso na web oficial de AEVER:  https://ccaverin.com/os-6-000-de-verin-xa-estan-aqui/


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>