Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo de Verín chega aos 33.000 visitantes preparando a renovación das súas coleccións
O Museo de Verín chega aos 33.000 visitantes preparando a renovación das súas coleccións PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Decembro 2022 18:09

 Logo de cinco anos de funcionamento, o Museo do Claustro Mercedario ven de acadar a cifra de 33.000 visitantes. Nado coa función de servir de atractor turístico e divulgador da comarca de Verín, durante este periodo  as súas instalacións levan desenvolto máis de 250 actividades, entre exposicións, mostras, cursos de divulgación ambiental e actividades relacionadas coa cultura do viño na DO Monterrei.

Ante estas cifras, e coa intención de ampliar a súa vocación de dinamizador cultural, o Museo de Verín aborda agora unha ambiciosa ampliación e renovación das súas coleccións, con novos elementos expositivos vinculados co patrimonio, o viño e os atractivos da comarca de Monterrei. Mentres  adecúa os seus novos espazos expositivos, as instalacións do Claustro permanecerán pechadas ao público.

O Museo de Verín aborda así a preparación das novas instalacións no edificio modernista do arquitecto Vázquez Gulías, os antiguos almacéns Recaredo Romero, sito na rúa Luis Espada.

A maior dispoñibilidade de espazos permitirá ampliar e diversificar os elementos divulgativos adicados á cultura do viño de Monterrei, concretamente na antiga adega anexa ao novo museo, así como dúas salas de exposición na primeira e segunda planta, e equipamentos para a conservación e investigación, coa acollida de importantes fondos permanentes.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>