Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello e Fundación San Rosendo dan luz verde ao novo Complexo Balneario - Asistencial de Caldeliñas
O Concello e Fundación San Rosendo dan luz verde ao novo Complexo Balneario - Asistencial de Caldeliñas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Xaneiro 2023 16:46

O Concello de Verín oficializou esta mañá baixo escritura publica a cesión do terreo situado en Caldeliñas á Fundación San Rosendo. O destino do mesmo será a construción e posta en funcionamento dunha residencia para o coidado e atención de persoas maiores, e actividades complementarias vinculadas á atención e coidado das mesmas.


Na rúbrica estiveron presentes o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e o presidente da Fundación San Rosendo, José Luís Gavela Varela. Desta forma, dáse finalmente luz verde un proxecto que durante anos foi unha das grandes demandas da sociedade verinesa, así como tamén un dos proxectos comprometidos inicialmente polo goberno local deste municipio.

Segundo se estipula no convenio ratificado no pleno que tivo lugar o pasado 20 de decembro, o ente municipal cede gratuitamente á Fundación San Rosendo parte dunha parcela situada no lugar de “Pedreiras”, en Caldeliñas, que será destinada ao equipamento asistencial definido nos planos de ordenación pormenorizada do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do Complexo Balneario-Asistencial de Caldeliñas. Este novo centro, que terá capacidade para 100 persoas maiores dependentes e dará emprego a 50 profesionais, estará situado nunha parcela de 12.000 m2.

En devandito documento  tamén se recolle  a colaboración entre as partes para a prestación de servizos asistenciais de calidade aos maiores do Concello de Verín, municipio ourensán que conta cun nivel alto de envellecemento; así como o compromiso da Fundación de contratar á maioría de traballadores do futuro centro entre os residentes de Verín que realicen as formacións pertinentes previstas por devandita institución.

O alcalde de Verín mostrouse plenamente satisfeito xa que «despois de atravesar todo tipo de vicisitudes», que retardaron este proxecto máis do previsto inicialmente, por fin o Complexo Balneario-Asistencial de Caldeliñas será unha realidade. «Ademais de ser un servizo moi necesario para a nosa vila», explicou Seoane, «suporá a creación duns cincuenta postos de traballo directos, ademais de xerar unha serie de industrias auxiliares que sen dúbida terán un importante impacto positivo na economía local».

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>