Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Videoconferencia: ‘Obradoiro de Adornos de Nadal’
Videoconferencia: ‘Obradoiro de Adornos de Nadal’ PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Decembro 2009 11:12

O vindeiro 11 de decembro, a partir das 10 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín emitirá por videoconferencia a actividade ‘Obradoiro de Adornos de Nadal’, realizada dende o Concello de Abegondo.

Durante dúas horas, a profesora especializada en manualidades explicará aos presentes como se realizan os diferentes adornos, ao tempo que os fabrica. Ademais, na quenda de preguntas resolverá todas as dúbidas que poidan ter os asistentes a este obradoiro.

Os participantes nesta actividade, destinada a salientar a importancia das novas tecnoloxías e que a distancia xeográfica non constitúe un impedimento para a formación continua, deben traer o seguinte material: cesta, tella ou cortiza de árbore, anaco de raíz ou tronco, piñas grandes ou pequenas abertas, spray dourado ou prateado, 3 ou 4 espigas de millo, noces, castañas, 1 vela grande ou 2 pequenas, acivro, rama de parras secas, guirnalda, bolas -nin douradas nin prateadas-, arame gordo, silicona quente e un anaco de esponxa.

Para participar no ‘Obradoiro de Adornos de Nadal’, destinado a un máximo de 15 persoas, é necesario inscribirse na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>