A Biblioteca de Verín presenta a sexta edición das súas Xornadas de Novela Histórica |
![]() |
![]() |
![]() |
Venres, 03 Marzo 2023 11:16 |
Os vindeiros 31 de marzo e 1 de abril, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín converterá, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a sexta edición das “Xornadas de Novela Histórica”. Esta vez baixo o título de “Historia e Misterios”, contará coa presenza de cinco autores e autoras de primeiro nivel dentro de este xénero literario, entre os que se encontran o Premio Planeta 2017, Javier Sierra, e a Premio Planeta 2022, Luz Gabás. Devandito evento, que terá lugar no Auditorio de Verín, foi presentado está mañá na Biblioteca polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane; polo tenente de alcalde, Diego Lourenzo; e polos responsables da Biblioteca de Verín e organizadores do evento, Aurora Prieto e Vicente Rodríguez. Segundo confirmou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, «nesta ocasión, os autores e autoras presentes trasladarán aos asistentes a diferentes momentos da historia, sempre -por suposto-, desde o prisma do misterio, temática central desta nova edición». Viaxaremos a Exipto, e coñeceremos a historia sempre menos comentada da Primeira República Española; á Galicia medieval e os conflitos entre os reis Alfonso XI o "Xusticeiro" e o do seu fillo Pedro I de Castela o "Cruel". Remataremos nos territorios de Luisiana abordando a nova posesión dos territorios do Mississippi por parte do Imperio Español, a relación entre os nativos americanos e os europeos e a multitude de conflitos entre franceses, ingleses e as novas colonias independentes e a escravitude e as relacións imposibles. As xornadas, que serán gratuítas e con libre acceso ata completar aforo, estarán amenizadas polo profesor David Rodríguez Rivada que fusionará a melodía do seu chelo coa literatura. Así mesmo, e seguindo a liña das anteriores edicións, as VI Xornadas de Novela Histórica serán presentadas por voluntarios e voluntarias da Biblioteca de Verín que incluso introducirán aos propios autores e autoras. «Como sempre», explicou Diego Lourenzo, tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, «teremos unha sesión especial aos alumnos e alumnas dos centros de ensino» onde Javier Sierra falará sobre a súa novela "A pirámide inmortal", a súa adaptación ao cómic, e como foi realmente a súa vivencia unha noite enteira dentro da Gran Pirámide, igual que fixo Napoleón, Julio César ou Alejandro Magno». A mesma será na mañá do venres 31 de marzo. Por outra banda, a partir do 1 de marzo, a Biblioteca Municipal abrirá ao público a exposición “A pirámide inmortal: Napoleón en Exipto”; cedida para este evento pola Editorial Norma que publicou o cómic baseado na novela homónima de Javier Sierra. A mesma tamén estará dispoñible no Auditorio de Verín os días das xornadas. Toda a información do evento, programa e sinopse das conferencias está na web da Biblioteca do Concello de Verín www.bibliotecadeverin.es De seguido indicamos os autores e programa.
AUTORES/AS: Luz Gabás (Actual Premio Planeta). Javier Sierra (Premio Planeta 2017). Nacho Ares. José Calvo Poyato (Escritor e Coordinador das presentes Xornadas). José Luís Corral (Escritor e Coordinador das presentes Xornadas).
PROGRAMA
Venres 31 Marzo 12:05h. Javier SIERRA: “A pirámide inmortal”, presenta Inés García, voluntaria Biblioteca de Verín, acompaña na mesa o escritor José Luis Corral. (dirixida aos centros de ensino, entrada libre ao público ata completar aforo). 19:00h. Inauguración. A cargo de Esther Vaz Diéguez, Voluntaria da Biblioteca de Verín Intervención musical de David R. Rivada. 19:10h. José Luís CORRAL: "Galicia medieval nas novelas “Matar al rey” e “Corona de sangre", presenta Juan Carnero, Voluntario da Biblioteca de Verín, acompaña na mesa o escritor Javier Sierra. 20:00h. Javier SIERRA: "Unha noite na gran pirámide", presenta Inés García, voluntaria Biblioteca de Verín, acompaña na mesa o escritor José Luís Corral. Sinatura de libros. Sábado 1 Abril.
18:35h. José CALVO POYATO: "O ano da República”, presenta Lorena Carnero, Voluntaria da Biblioteca de Verín, acompaña na mesa o etnógrafo Miguel Losada. 19:15h. Nacho ARES: "Tutankhamón: Historia e Lenda", presenta Noelia Gallego Campos, Voluntaria da Biblioteca de Verín e acompaña na mesa o escritor Javier Sierra. 20:00h. Luz GABÁS: "Lejos de Luisiana" (Premio Planeta 2022), presenta Esther Vaz Diéguez, Voluntaria da Biblioteca de Verín, acompaña na mesa o escritor José Luís Corral. Intervención musical de David R. Rivada. Sinatura de libros.
|