Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
A Eurocidade Chaves-Verín premiada como ‘Destino Turístico de Futuro’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Decembro 2009 13:34

A Eurocidade Chaves-Verín recibiu o premio de ‘Mellor Destino Turístico de Futuro’, concedido pola revista Viajes y Turismo, que distingue aos destinos nacionais e internacionais con iniciativas innovadoras e pioneiras no ámbito do desenvolvemento turístico.

Este galardón recoñece o patrimonio termal, histórico e turístico dos municipios de Chaves e Verín; así como, a labor de divulgación do destino e a asociación deste ao termalismo, saúde, benestar e natureza.

Nesta edición, a revista Viajes y Turismo tamén premiou a Galicia como “Completo destino turístico mirando cara ao Ano Xacobeo”. Xunto con Galicia, na sección nacional, resultaron galardoadas Ciudad Real, El Puerto de la Cruz, San Nicolás de Tolentino (Gran Canaria), D.O. Jamón de Teruel ou a comarca Entreparques de Castilla-La Mancha, entre outros. Xa dentro do apartado internacional os premios repartíronse entre India, a rexión de Campania (Italia), Malopolska (Polonia) e Madeira (Portugal). Tamén, se entregaron galardóns no apartado de produtos, profesionais, servizos, medios e programas de comunicación.

 
?>