Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle a representación da obra “Asemblea xeral”, unha coprodución do Centro Dramático Galego e Sarabela Teatro
O Auditorio de Verín acolle a representación da obra “Asemblea xeral”, unha coprodución do Centro Dramático Galego e Sarabela Teatro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Marzo 2023 16:02

O 2 de abril, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a representación da obra “Asemblea xeral”, unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) e Sarabela Teatro.

“Asemblea xeral” é un espectáculo dirixido a un público familiar. O texto orixinal está baseado na fábula “Os animais con peste” da Fontaine, na que se poñen en evidencia os mecanismos de poder que presiden os réximes sociais autoritarios.

Unha enfermidade de causas descoñecidas espállase polo mundo e os animais?da selva buscan un culpable para calmar a cólera celestial… Convencidos de que o sacrificio dun deles reestablecerá o equilibrio e devolverá a saúde a todos, planean un xuízo no que cada animal confesará as súas culpas. Pero, como confiar na xustiza impartida só polos poderosos, pensa a Gata? De verdade que a solución a calquera conflito pasa por establecer unha fronteira entre bos e malos? Débiles e poderosos?

A peza escrita por Lauro Olmo e Pilar Enciso advirte a nenos e maiores sobre os perigos dos abusos do poder, cuestiona os mecanismos da xustiza e pon o acento na necesidade de educar para a paz, nos valores democráticos  como garantía para unha convivencia feliz e respectuosa entre iguais. Nesta versión actualizada, achegamos o espírito desta obra aos máis nenos, colocándoos no centro da peza e ateigando cada liña, cada escena, de xogos, de música, de brincadeiras… para garantir a reflexión e a diversión a partes iguais.

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.




 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>