Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Emilio Rúa presenta o seu novo libro disco “Lendas no Camiño” na Biblioteca de Verín
Emilio Rúa presenta o seu novo libro disco “Lendas no Camiño” na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Abril 2023 09:17

Mañá venres 14 de abril, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal de Verín acollerá a presentación do libro disco "Lendas no Camiño", o novo traballo de Emilio Rúa.


"Lendas no Camiño" é un libro disco editado por Zinemusik Ediciones, que contén 36 lendas galegas musicadas en 36 novas cancións por Emilio Rúa. Estes relatos forman parte do acervo cultural galego e destacan pola súa importancia como un valor da tradición oral.

As lendas falan de moitos e diversos puntos xeográficos polos que pasan os diferentes camiños cara Santiago e sitúan os seus textos en puntos concretos de Galicia, ofrecendo un claro exemplo de dinamización cultural e patrimonial. As lendas inclúen elementos como castros, castelos, cruceiros, igrexas, mosteiros, penedos e personaxes como mouros e mouras, santos, santas, e xente común de aldeas, entre outros.

Este libro disco destaca pola súa toponimia, simboloxía e crenzas.

Para máis información sobre Emilio Rúa, visite o seu sitio web: http://www.emiliorua.com/

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>