Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O aclamado artista arxentino Marcelo Katz ofrece un taller gratuíto de clown en Verín
O aclamado artista arxentino Marcelo Katz ofrece un taller gratuíto de clown en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Abril 2023 11:28

A Escola de Teatro Kotodama vén de anunciar que o aclamado artista escénico arxentino, Marcelo Katz, impartirá un taller de clown do 1 ao 4 de maio en Verín. Devandita formación será gratuíto e realizarase na escola de teatro Kotodama, cun espectáculo final que percorrerá as rúas da cidade.


Katz é un experto en clown, oratoria, bufón, máscaras, teatro e coaching, e é director da prestixiosa Escola de Clown Espacio Aguirre en Buenos Aires, onde estivo impartindo clases durante máis de 30 anos. Ademais, viaxou por todo o mundo como docente e artista, ensinando e actuando en cidades de Latinoamérica, Europa e Estados Unidos.

Segundo Emilia Somoza, a concelleira de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín: "É toda unha honra contar coa presenza dun artista da talla de Marcelo Katz no noso municipio. Este taller gratuíto é unha gran oportunidade para que os cidadáns de Verín aprendan dun dos mestres do clown máis importantes do mundo".

Para Cañaveral, director de Kotodama: "Marcelo é un profesional que entrenou a artistas do Circo do Sol, que veña a Verin é un auténtico luxo".

O taller levarase a cabo do 1 ao 4 de maio, de 17:00 a 21:00, e está patrocinado pola concellería de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín.

Para obter máis información, pode chamar ao 600234318.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>