Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 40 estudantes do Colexio María Inmaculada Verín visitan o roteiro "Verín territorio Banksy" na súa semana cultural
Máis de 40 estudantes do Colexio María Inmaculada Verín visitan o roteiro "Verín territorio Banksy" na súa semana cultural PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Abril 2023 12:36

Máis de 40 nenos e nenas do Colexio María Inmaculada Verín visitaron hoxe o percorrido expositivo ao aire libre, "Verín territorio Bansky". Esta visita enmárcase na semana cultural que está a celebrar devandito centro educativo en conmemoración do seu 75 aniversario e no que organizan diversas actividades formativas nas áreas de Ciencias, Letras e Artes.


Verín territorio Banksy conforma un percorrido dunha hora polas rúas de Verín, onde se rehabilitaron 25 espazos degradados coas obras máis representativas do artista internacional do graffiti. O roteiro está explicado en puntos de información distribuídos pola vila, contará con folletos explicativos e as obras están identificadas con códigos QR e placas interpretativas.

As obras e os espazos do percorrido están deseñados dentro do proxecto de Interpretación Patrimonial  “Verín territorio Banksy” do Concello de Verín, e a execución dos facsímiles das obras do autor internacional corren a cargo do artista local Alex Araújo.

As persoas interesadas en realizar este percorrido teñen a súa disposición o catálogo do mesmo na Oficina Municipal de Información Turística (rúa Irmáns La salle).

Quen é realmente Banksy?

Aínda que se descoñece a identidade de Banksy, existen varias conxecturas e candidatos internacionais á súa personalidade. Un deles é Jamie Hewlett, debuxante e autor do cómic Tank Girl, aínda que fontes do entorno de Banksy o negan.

Outro candidato é Robert del Naja, líder da banda de trip hop Massive Attak, que foi grafiteiro nos 80. Neil Buchanan, presentador dun programa de arte, é outro dos candidatos máis recentes, aínda que Robin Gunningham é quizais a hipótese máis común sobre a identidade de Banksy. De ser así, tería nacido o 28 de xullo de 1973 en Yate, preto de Bristol. Os seus amigos da infancia e a presencia neste entorno das súas primeiras obras, corroboran esta versión.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>