Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Eurocidade Chaves-Verín convida os xóvenes do territorio a participar nun diálogo xuvenil europeo en Santiago de Compostela
A Eurocidade Chaves-Verín convida os xóvenes do territorio a participar nun diálogo xuvenil europeo en Santiago de Compostela PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Maio 2023 13:39

A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, no marco do proxecto Juventude Rural de Europa - RUYOU, convida aos xóvenes de entre 18 e 30 anos do territorio a participar nunha actividade deste proxecto europeo, en Santiago de Compostela, o vindeiro 25 e 26 de maio.


Durante estes dous días, os xóvenes terán a oportunidade de identificar os obstáculos que enfrontan os xóvenes das zonas rurais no seu desenvolvemento persoal e profesional. Este encontro reunirá a xóvenes de Rumanía, Malta, Galicia e Portugal.

As prazas para participar na actividade, que se desenvolverá en inglés, son limitadas e o prazo de inscrición remata o 10 de maio. O viaxe e o aloxamento son gratuítos para os participantes. A inscrición debe realizarse a través do seguinte enlace: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/CreativeJam1

O proxecto Juventude Rural de Europa - RUYOU pretende permitir que xóvenes, expertos e líderes de opinión analicen o futuro da xuventude rural europea, no Ano Europeo da Xuventude, co fin de deseñar, facilitar, informar e reflexionar sobre a xuventude do medio rural tras a pandemia da Covid-19.

Ademais da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, RUYOU conta con varios socios de España, Portugal, Malta e Rumanía.

Este proxecto foi aprobado no marco do programa europeo CERV - Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>