Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín converteuse en epicentro da arte teatral co taller gratuíto de adestramento de clown de Marcelo Katz
Verín converteuse en epicentro da arte teatral co taller gratuíto de adestramento de clown de Marcelo Katz PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Maio 2023 13:06

Verín converteuse a semana pasada no epicentro da arte teatral coa realización dun taller de adestramento de clown, liderado polo recoñecido mestre arxentino de máscaras e clown Marcelo Katz e realizado en colaboración con Santiago Cañaveral, director do teatro local Kotodama, e o Concello de Verín.


Grazas ao apoio do Concello, os 16 participantes puideron gozar desta experiencia de forma gratuíta, e viviron unha semana apaixonante, arriscada e comprometida, onde se adestraron profesionalmente nesta particular modalidade do teatro físico, o clown.

Durante toda a semana, os participantes realizaron exercicios nos que traballaron sobre o corpo, a expresión, os impulsos, o estado de presenza, a calidade lúdica, a variedade de estados sensibles e o traballo co público. Todos estes elementos abordáronse con intensidade e compromiso, o que deixou diversas ferramentas escénicas e profundas sensacións e motivación no grupo de participantes.

Segundo destacou Marcelo Katz, «A experiencia foi descrita polos asistentes como intensa e conmovedora, e deixou unha pegada significativa nos participantes».

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>