Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 56 finalistas nos certames literarios das letras galegas
56 finalistas nos certames literarios das letras galegas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Maio 2023 11:06

Trinta narracións presentáronse á fase final do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e vinte e seis poemas á do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, organizados polo Concello de Verín e Supermercados GADIS con motivo do Día das Letras Galegas.


Dos cincuenta e seis traballos, doce correspóndense ao ensino primario, no que concursa alumnado pertencente ao CEIP Amaro Refojo e ao Colexio María Inmaculada, ambos os dous  preseleccionaron tres poemas e tres relatos, o máximo número que pode presentar cada un dos centros.

En ESO son catro os centros participantes (IES Xesús Taboada Chivite, IES Castro de Baronceli, Colexio María Inmaculada e Colexio Apostólico Mercedario), que presentaron un total de corenta e catro creacións preseleccionadas á fase final. No nivel concursal de 1º e 2º de ESO, no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez presentáronse 8 composicións poéticas, porque dous dos catro centros participantes reduciron a súa terna a unha proposta única. Os centros presentan ternas completas de persoas candidatas tanto no nivel de 1º e 2º de ESO (Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez) como no nivel concursal de 3º e 4º de ESO para traballos en verso e en prosa.

En cada unha das tres categorías (Primaria, 1 º e 2º de ESO, e 3º e 4º de ESO), no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, entregaranse premios de 90 euros (1º),  60 euros (2º) e 30 euros (3º premio). Ademais, a todas as persoas autoras dos traballos finalistas, reciban ou non dotación económica, entregaráselle un diploma e un lote de libros.

Para que se beneficien tamén as persas que participaron e que non superaron a fase de preselección e, por extensión, todo o alumnado dos centros participantes, as bibliotecas dos centros que colaboraron nestes certames incrementarán os seus fondos librarios en galego. Para incentivar a lectura en galego, en cada un dos niveis nos que presentaron tres traballos preseleccionados, recibirán un bono para adquisición de libros por importe de 60 euros. Unha achega económica para as bibliotecas de centro ou de aula, que supuxo unha innovación nas bases dos certames no 2022, a través da que os centros colaboradores dos certames poden obter financiamento para a adquisición de libros en galego por cantidades que neste ano oscilarán entre os 120 e os 360 euros.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>