Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín presenta a programación das actividades do Día das Letras Galegas en Verín
O Concello de Verín presenta a programación das actividades do Día das Letras Galegas en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Maio 2023 11:57

O Concello de Verín presentou esta mañá a programación de actividades que se desenvolverán en Verín para celebrar o Día das Letras Galegas. Diego Lourenzo Moura, en representación do área de Cultura, confirmou as actividades que terán lugar entre o 12 e o 19 de maio.

A programación arrinca o 12 de maio. A Biblioteca Municipal de Verín organiza unha sesión de contacontos e manualidades das Letras Galegas, dirixida polo seu voluntariado, para os socios e socias máis pequenos (de 3 a 9 anos). As inscricións son obrigatorias debido ás prazas limitadas.

O 16 de maio, ás 20:30 horas, terá lugar na Praza da Mercé o concerto. “Ialma canta a Rosalía”, un espectáculo no que Verónica Codesal, Natalia Codesal, Eva Fernández e Marisol Palomo contan a súa historia, que é a de tantos emigrantes. «O noso proxecto é, coma o de Rosalía, un horizonte de esperanza. Amamos a vida, a música, a poesía, a danza, a xente. Ialma é dignidade, liberdade e alegría de vivir», así definen este espectáculo as integrantes do grupo

As cantareiras de Ialma viaxaron polo mundo durante máis de 20 anos tocando a súa música e levando as tradicións galegas a lugares afastados. Influenciadas por grandes artistas e inspiradas na cultura musical e nas tradicións da súa terra, construíron un repertorio propio adaptado e actual.

Xa o propio 17 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Verín a tradicional gala musico-literaria das Letras Galegas. Na mesma recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O Conservatorio Profesional de Verín será o encargado de poñer o broche musical a este evento, que será presentado pola verinesa Helena Pousada Godás.

Por último, o venres 19 de maio, ás 19:30h, na Biblioteca Municipal de Verín terá lugar a presentación e proxección do Documental "O Camiño Mozárabe: Sangue, suor e Fe", escrito por Vázquez Taín e producido por Amarola Produciones. Este documental é un proxecto de máis de dous anos de investigación no que se pon o foco de atención nun dos roteiros máis relevantes do Camiño de Santiago, que quedou inxustamente relegado nos últimos anos e que estamos a tentar recuperar co próximo proxecto.

Exposición temática na Biblioteca

Ademais, ata o mes de xullo, a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a exposición "Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fdez. del Riego", realizada polo IES Castelao de Vigo e a Secretaría Política Lingüística da Xunta de Galicia. A exposición está composta por 10 carteis e unha unidade didáctica, que percorren as dez paradas máis importantes na vida de D. Paco Fernández del Riego.

Devandita mostra complementa, xunto coa conferencia realizada o pasado día 27 de abril, as actividades realizadas pola Biblioteca do Concello de Verín para homenaxear a D. Francisco Fernández del Riego, o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>