Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín xunto co Club BTT Verín organiza a XIII Marcha Val de Monterrei
O Concello de Verín xunto co Club BTT Verín organiza a XIII Marcha Val de Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Maio 2023 10:51

O Concello de Verín e o Club BTT Verín veñen de presentar a XIII Marcha Val de Monterrei, que terá lugar o domingo día 21 de Maio do 2023. Este evento non competitivo, de velocidade libre, conta con dous percorridos de 45 Km. (dificultad media) e 65 Km. (dificultade alta), percorrendo os montes dos concellos de Verín, Monterrei, Cualedro e Laza.


O evento foi presentado esta mañá por Julio Alberto Martínez Fernández e José Carlos Cabido Sabariz, presidente e secretario do club BTT, respectivamente; e contou coa presencia de Manuel Lorenzo, en representación da área de Deportes do Concello de Verín.

 

A saída terá lugar as 9:00 horas dende a praza Maior de Verín, coa chegada prevista na mesma praza. Para amenizar o evento teremos a actuación de A Gramola Tourbus.

 

Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscripción na páxina de Sportmaniacs e sexan maiores de idade e os menores de 16 anos ou que os cumpran o largo do presente ano e adxunten autorización de pai, nai ou titor. O prazo límite de inscripción será o xoves día 18 de maio ás 00:00 h.

 

Os interesados en participar nesta espectacular ruta poden atopar máis información e realizar a súa inscrición en www.sportmaniacs.com.

 

Non perdas a oportunidade de gozar dunha xornada inesquecible en contacto coa natureza e o deporte.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>