Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Escola Deportiva de Verán 2023 "Convive en Igualdade" abre o seu prazo de inscrición
A Escola Deportiva de Verán 2023 "Convive en Igualdade" abre o seu prazo de inscrición PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Maio 2023 10:30

Dende a área de Mocidade do Concello de Verín organízase o programa deportivo "Escola de Verán 2023" (Convive en Igualdade) e infórmase que a partir de hoxe martes, 23 de maio, ábrese o  prazo de inscrición formal. A Escola Deportiva de Verán é unha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumpre a súa 25ª edición e que está ideada para nenos e nenas nados entre o 2009 e o 2019.



Os usuarios poderán desfrutar dunha amplo horario da actividade, podendo asistir dende as 08.00 ata as 14.30 horas, todos os días, de luns a venres. Do mesmo xeito, con arranxo a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, así como poder ofrecer unha alternativa completa para o período vacacional dos máis pequenos, a duración da actividade abrangue todo o período de descanso estival na escola. Esto é, dende o 22 de xuño ata o 8 de setembro.

Respecto á tipoloxía das actividades da "Escola de Verán", desenvolverase o tradicional programa baseado en xogos coeducativos de igualdade e actividades deportivas variadas, salpicado doutras actividades complementarias como cine, teatro, obradoiros, piscina, bailes e actividades propias de ocio e recreación. O repertorio complementarase con diferentes eventos (torneos deportivos especiais), saídas pola contorna de Verín e así como varias actividades de gran envergadura para celebrar as bodas de prata da Escola de Verán e configurar así un verán motivador e dinámico.

As diferentes modalidades de participación da Escola de Verán son as seguintes:

 

Grupo Xeral de 3 días/semana (luns-mércores-venres) *

Idades: 4 a 14 anos.

Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas de A Granxa.

 

Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns-mércores-venres) *

Idades: 7 a 14 anos.

Lugar: Preferentemente no Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa.

 

Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres) *

Idades: 4 a 14 anos.

Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.

 

Grupo Mixto de 5 días/semana (luns a venres) *

Idades: 7 a 14 anos.

Lugar: Pavillón Municipal de Deportes/Polideportivo A Granxa e piscinas de A Granxa.

Actividades: Combina a asistencia ao Grupo de Fútbol/Fútbol-Sala (luns, mércores e venres) e o Grupo Xeral (martes e xoves).

 

(*) O primeiro día da Escola de Verán (22 de xuño) farase unha xuntanza informativa para os pais de todos os participantes no Pavillón de Deportes ás 09.00 horas. Ao rematar a xuntanza, os nenos tomarán a mecánica normalizada da actividade, polo que terán que asistir provistos de roupa axeitada para facer as  actividades e acudir ás piscinas.


Ademais, para ofertar unha actividade totalmente acorde ás necesidades das familias, os usuarios poden elixir a temporalidade que desexen, podendo inscribirse  por quincenas, media matrícula (consta dun mes e unha semana) ou  a matrícula completa (dous meses e dúas semanas).

Os prezos están estipulados do vindeiro xeito:


A inscrición poderá realizarse presencialmente nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno, 13 - Tlfno.: 988.41.11.40), en horario vespertino de 16:00 a 21:00 horas, de martes a venres; ou ben remitindo un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Para formalizar as inscricións nesta actividade, compre entregar a seguinte documentación:

 

  • Folla de Solicitude e os consentimentos correspondentes,
  • Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de pagamento das taxas en Caja Rural de Zamora (ES82 3085 0082 57 2197715622).
  • Acreditar a condición de eurocidadán/empadroado do menor se se quere acceder ao pagamento reducido.

 

 * Existen Follas de Inscrición disponibles tamén na entidade de Caja Rural de Zamora.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>