Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín remata as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no camiño de Vello de Monterrei e nas Tapias
O Concello de Verín remata as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no camiño de Vello de Monterrei e nas Tapias PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Maio 2023 13:14

O Concello de Verín vén de rematar as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no camiño de Vello de Monterrei e nas Tapias, actuación acometidas grazas ao importe subvencionable previsto no "Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023” da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).


A intervención contou cun orzamento total de 45.976,01 euros (sen ive), percibindo o Concello de Verín este importe íntegro procedente do Fondo Europeo Agrícola de  Desenvolvemento Rural (FEADER).

As actuacións realizadas tiveron o obxectivo de mellorar a capa de rodaxe existente mediante a apertura da caixa, refino e nivelación da mesma para despois aplicar unha capa de area artificial. Nos primeiros metros, realizouse unha limpeza da superficie con material prestado.

Devandita actuación discorreu sobre a vía existente que se atopaba en rega asfáltica deteriorada, e consistiu nunha serie de accións enfocadas a ampliación, mellora e mantemento do firme existente e das súas marxes.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>