Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 150 estudantes de Verín recibiron á selección española feminina de fútbol sala, campioa de Europa, nun acto deportivo-escolar
Máis de 150 estudantes de Verín recibiron á selección española feminina de fútbol sala, campioa de Europa, nun acto deportivo-escolar PDF Imprimir Correo-e
Luns, 06 Novembro 2023 15:16

O Pavillón do Complexo Deportivo de A Granxa acolleu hoxe un acto escolar-deportivo no que as xogadoras, e a súa seleccionadora, Clàudia Pons, compartiron as súas experiencias como deportistas profesionais cos máis de 150 nenos e nenas procedentes de varios centros escolares de Verín.

As xogadoras da selección española, acompañadas so seu equipo técnico, foron recibidas no Pavillón do Complexo Deportivo. de A Granxa da Granxa por Samanta Barreira, en representación da concellería de Deportes do Concello de Verín; polo presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, Pablo Prieto; e por Pedro Munaret, en representación da RFEF.

Os estudantes, procedentes dos CEIP Princesa de España e Amaro Refojo e o CPR Mª Inmaculada,  tiveron a oportunidade de facerlle unha serie de preguntas e coñecer de primeira man as súas valiosas experiencias como xogadoras profesionais; achegándolle así o apaixonante mundo do fútbol sala á próxima xeración de deportistas da nosa comunidade.

As deportistas profesionais tamén quixeron aproveitar a ocasión para facerlle a ao Concello de Verín un obsequio moi especial, unha camiseta oficial firmada por todas as integrantes do equipo.

A Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala volta a Galicia este mes de novembro. O combinado dirixido por Claudia Pons disputará o día 7 de novembro un partido amigable en Verín, logo do acordo ao que a Real Federación Galega de Fútbol chegou co concello.

Catro galegas na convocatoria

A seleccionadora absoluta de fútbol sala, Clàudia Pons, fixo oficial a convocatoria para os encontros amigables fronte a Portugal que se disputarán os día 7 e 8 de novembro en Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra), respectivamente. Serán os primeiros encontros do combinado nacional absoluto tras proclamarse campión de Europa o pasado mes de marzo.

.

España xogará este dobre amigable en Galicia con catro xogadoras galegas na convocatoria:

  • Silvia Aguete (MCD Torreblanca Melilla)
  • Ale de Paz (Poio Pescamar)
  • Luci Gómez (AE Les Corts UBAE)
  • Vane Sotelo (Arriva AD Alcorcón)


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>