Castañas gratis e foliada na Praza García Barbón de Verín |
![]() |
![]() |
![]() |
Mércores, 08 Novembro 2023 10:48 |
O vindeiro sábado, 11 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila. Segundo confirmou Manuel Lorenzo, concelleiro responsable da área de Feiras, os asistentes ao evento, que comezará ás 19:30 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa con foliada a cargo da Banda de Gaitas Municipal do Concello de Verín e da Banda de Gaitas Nova Era. |