A Feira de Nadal de Verín contará con vinte e sete postos temáticos, animación musical e actividades infantís |
Xoves, 30 Novembro 2023 12:20 |
Un total de vinte e sete postos temáticos de artesanía e alimentación, animación musical e actividades para os máis pequenos da casa. Así será a programación da próxima feira de Nadal organizada polo Concello de Verín os días 8, 9 e 10 de decembro na Praza García Barbón. A programación oficial foi presentada esta mañá no Concello de Verín polo concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo Feijóo e pola concelleira de Turismo, Cultura, Festexos, e Conservatorio, Samanta Barreira. Segundo destacou Manuel Lorenzo, finalmente serán un total de vinte e sete os postos temáticos que se instalarán no recinto feiral e que «contarán cunha completa e variada oferta de produtos de artesanía e alimentación». O horario da Feira será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. «Como xa ben sendo habitual, a música terá un especial protagonismo durante a feira», destacou Samanta Barreira. O venres 8 de decembro, ás 19:30 horas, a Banda de Gaitas do Concello de Verín inaugurará o recinto feiral, realizando un pasarrúas pola Plaza García Babón e Casco Histórico. O sábado 9, ás 12:30 horas, actuará a Coral de Verín; e ás 19:30 horas, a animación correrá a cargo da Banda de Gaitas Nova Era. Xa o domingo 10, ás 12:30 horas, a Coral “A Tempo” poñerá o broche musical á derradeira xornada do evento. Tamén haberá actividades para os máis pequenos da casa. Entre os días 6 e 10 de decembro instalarase na Praza García Barbón un Carrusel Infantil. O horario de apertura será de 12:00 a 14:00 h e 17:00 a 20:00 e o prezo de entrada será de 1 euro. «Ademais o domingo 10, a partir das 17:00 horas, os nenos e nenas que se acheguen ao recinto da feira recibirán a visita dunha das figuras máis tradicionais do Nadal: a Papa Noel. Como de costume, o domingo -ás 19:45 horas- terá lugar a entrega do premio ao mellor stand de Nadal e o sorteo da Cesta con diferentes produtos cedidos polos expositores, antes do peche do recinto feiral. Acendido das Luces de Nadal O venres 8 de decembro, ás 18:00 horas, procederase o acendido das Luces de Nadal no recinto feiral. Nos días seguintes, o alumeado irase estendendo progresivamente polo resto do casco urbano, así como nos núcleos rurais. Stands da Feira de Nadal
1. Sarxou Mandalas 2. Las cosas de mi madre 3. Rosa Artesanía 4. Magari Clay 5. Trapalladas artesanía 6. Tarde Piache 7. Gofres y crepes 8. Rincón mágico de Épona 9. Artesanías Mary 10. Manualidades Sanalejo 11. Xestas 12. La luna de los sueños 13. Terracotas de Rosa María 14. Érase una vez
15. Dulcería artesanal Moreta 16. Máis dun recordo 17. Las cosas de Katuxa 18. Vera cuchillería 19. Embutido Leonés 20. Taller 55 | Asubío 21. Dfieltro 22. Reflejos_Deco 23. Petsound Discos 24. Arianrhod artesanía 25. Lar dos bonecos 26. My greenies store 27. CEIP Princesa de España | IES Xesús Taboada Chivite
|