Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín colabora coa DO Monterrei cun mural promocional na praza García Barbón para proclamar que é “Tempo de godello”
O Concello de Verín colabora coa DO Monterrei cun mural promocional na praza García Barbón para proclamar que é “Tempo de godello” PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 16 Decembro 2023 12:22

O Concello de Verín colaborará coa Denominación de Orixe Monterrei coa instalación na Praza García Barbón dun mural xigante coa súa nova imaxe promocional, a campaña “Tempo de godello, tempo de Monterrei”. Durante os meses de duración da campaña, esta inciativa garante a consecución de máis de 30.000 impactos, co que a institución verinesa quere colaborar cun sector fundamental na comarca, do que é partícipe aspira a ser o seu principal escaparate.


Como membro da Ruta do Viño de Monterrei e capital comarcal, o Concello de Verín colabora desde a súa creación coa Denominación de Orixe Monterrei, con iniciativas tan importantes como a Feira do Viño. Recoñecendo o papel fundamental da vitivinicultura na comarca, e o momento decisivo no que se atopa, “nun periodo de gran recoñecemeno e expansión”, sinalou o alcalde, Gerardo Seoane, “queremos axudar con toda a nosa potencia de escaparate comarcal á difusión de todas as iniciativas que contribúan a dar a coñecer que somos unha potencia no mundo do viño”.

“Desde o Concello queremos recoñecer o bo momento que viven os viños de Monterrei, que como sector económico vital para a comarca sempre contaron co noso apoio, como non pode ser doutro xeito, e que entre todos debemos revitalizar aínda máis”, afirmou o rexedor.

Verín, como nodo administrativo e de servizos da comarca, ten un gran potencial “no fortalecemento da propia imaxe, da percepción e da autoestima da Denominación de Orixe Monterrei entre nós mesmos”, afirmou pola súa banda Jonatás García, presidente da DO Monterrei, “como un dos territorios do viño con maior proxección de Galicia e de España”, polo que temos que dar “un salto cualitativo con novas e máis potentes campañas de comunicación”.


Novo posicionamento como un dos viños de maior calidade

“Tempo de godello, tempo de Monterrei” e a nova aposta publicitaria da DO Monterrei, coa que busca situar a súa uva insignia na cabeza do consumidor e reforzar a súa identificación cun territorio único. Co obxectivo de impactar tanto na canle de restauración como no consumidor final, o Consello Regulador da D.O. Monterrei fixo unha forte aposta pola presenza en medios tradicionais de alto impacto, como carteleiría e estacións de tren principais cidades galegas, e tamén nos medios dixitais máis actuais,  entre elas, un novo tipo de publicidade, innovadora e rompedora, que levará á D.O. Monterrei a Mediaset e Antena 3: o formato de TV conectada.

“Buscamos un novo posicionamento de Monterrei como un dos viños galegos de maior calidade”, afirmou Jonatás Gago, “e para elo temos que comezar pola casa, por o noso territorio, cunha autopercepción acorde a estes parámetros de calidade”. Neste sentido anunciou o próximo despregue dunha batería de iniciativas de formación e divulgación da cultura enolóxica propia, para comezar “a traballar e coidar a base dun dos territorios de maior proxección hoxe da viticultura europea”.

Neste sentido, o alcalde de Verín anunciou a próxima sinatura dun convenio de colaboración coa DO Monterrei que sirva de marco a todas estas accións promocionais, en tanto en canto “Verín, que é a capital comarcal e ten intereses de promoción turística e termal, ten presenza en eventos e foros de promoción como Fitur ou outros nos que podemos aproveitarmos mutuamente das sinerxias de promoción nun eido no que compartimos o interese do crecemento económico da nosa zona”.

Consciente de todo isto, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei vén de lanzar a súa campaña “Tempo de Godello”, coa que pretende favorecer o posicionamento e identificación dos viños D.O. Monterrei a través da súa uva emblemática, a uva Godello, e nun momento clave para o seu consumo: o Nadal.


Monterrei: terra de godello

Esta campaña destaca como o territorio, situado no sueste da provincia de Ourense, á beira do río Támega, está bañado polas cores do viño, a historia e a gastronomía. Os restos arqueolóxicos atopados na comarca, como lagares, lagares e vasos de orixe romana, mostran as fortes raíces da viticultura en Monterrei.

Unha viticultura histórica, pero con gran proxección de futuro: a diversidade de solos e microclimas nas ladeiras dan como resultado viños de carácter distintivo,  diferenciados e complexos, que rapidamente deron gran sona aos viños da súa Denominación de Orixe, a máis nova de Galicia, aínda que con máis de 2000 anos de tradición vitícola.

Nesta zona, a uva Godello é a variedade branca máis abundante. Nas viñas que espallados por Monterrei veremos os seus acios, pequenos e  compacto, con maduración temperá. Viños Godello D.O. Monterrei son moi elegante, afroitado, glicérico e con corpo, elaborado en pequenas adegas  que combinan tradición e modernidade cun profundo respecto polo medio ambiente.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>