Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concello e D.O Monterrei colaborarán na difusión da imaxe de Verín e os viños da comarca
Concello e D.O Monterrei colaborarán na difusión da imaxe de Verín e os viños da comarca PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Xaneiro 2024 13:21

O Concello de Verín e a DO Monterrei son as dúas caras máis visibles da comarca. Acoden xuntas a feiras e eventos internacionais, e conforman conxuntamente a maior proxección da  imaxe deste territorio. Por este motivo veñen de acordar sumar esforzos para a promoción dos viños e do termalismo, cultura e natureza de Verín.

O presidente da DO Monterrei, Jonatás Gago, e o alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, asinaron un convenio de colaboración entre as dúas entidades para aproveitar as súas sinerxías. “Entre os dous organismos”, afirmou Seoane, “acudimos a ducias de eventos turísticos, enolóxicos e culturais ao cabo do ano: temos que aproveitar para dar una potente imaxe conxunta como destino de ocio, de termalismo, de cultura e de enoturismo”.

Pola súa banda, o presidente da DO Monterrei destacou “a tradicional colaboración de concello e denominación de orixe, como na celebración da Feira do Viño” que debe, segundo as súas palabras, “aprofundar e ir a máis, para aproveitar todos os escaparates que nos poden facer máis desexables e dar a coñecer os nosos recursos”.

Convenio

Neste sentido, o texto do convenio asinado entre as dúas entidades recoñece  “o seu interese común na promoción e dinamización económica da comarca de Monterrei”, e para elo manifestan “a súa intención de aproveitar as sinerxías promocionais e escaparates públicos a que ambas acceden, para  contribuír ao posicionamento de  Verín como destino enoturístico, termal e patrimonial”.

Igualmente, o Concello de Verín, como núcleo comarcal e centro de servicios do territorio vitícola e enoturístico deste territorio, e núcleo urbano da súa oferta turística e termal, manifesta o seu interese en dinamizar, divulgar e promocionar o carácter singular da oferta enolóxica e enoturística emerxente que supoñen os viños de Monterrei.

Pola súa banda, a Denominación de Orixe Monterrei, como entidade responsable do impulso e desenvolvemento vitivinícola da comarca, atópase inmersa na expansión, crecemento e internacionalización da oferta e os produtos enolóxicos da comarca, polo que necesita maximizar todas as oportunidades e mecanismos de divulgación.

Ambas entidades recoñecen, polo tanto, o seu interese común nos ámbitos de desenvolvemento da súa marca territorial e de divulgación da súa oferta enoturística e cultural, declarando así «a súa intención de cooperar nos eidos comúns de formación, divulgación da identidade do territorio da comarca de Verín e Monterrei».

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>