Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Entroido de Verín 2024: Máis de 150 horas de música en directo e unha completa programación para todas as idades
Entroido de Verín 2024: Máis de 150 horas de música en directo e unha completa programación para todas as idades PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Xaneiro 2024 13:02

Presentacion Entroido 2024 Esta mañá, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira de Turismo, Cultura, Festexos e Conservatorio, Samanta Barreira, presentaron no Salón de Actos da Casa da Cultura a programación oficial do Entroido 2024, un total oito días repletos de festa e diversión con máis de 150 horas de música en directo e unha programación concibida para o desfrute de todos os públicos.



Un total de cincuenta actuacións de música itinerante, dez orquestras e cinco disco móbiles marcarán o ritmo do entroido de Verín, que comeza o día 1 co xoves de  compadres e termina o 13 de febreiro co martes de entroido. Así o confirmou Samanta Barreira quen destacou que este ano conta con dous importantes novidades organizativas que buscan mellorar tanto a seguridade como a experiencia de usuario.

Por un lado, o tradicional pregón do domingo de Corredoiro, xunto coa animación musical, trasladarase á Praza da Alameda. Segundo explicou Gerardo Seoane, «esta determinación ten como principal obxectivo mellorar a experiencia dos usuarios; tanto das persoas que acudan a desfrutar do día como dos propios cigarróns, permitindo que desfilen e corran pola Praza sen contratempos». Nesta edición, ao igual que en anos anteriores, o pregón correra a cargo doutro dos nosos ilustres entroideiros, Toño Cesteiro.

Co compromiso de priorizar a seguridade dos asistentes, implementarase un cambio substancial no que aos  escenarios das orquestras se refire, utilizado un só espazo por día para todas as agrupacións musicais (A diferenza de anos anteriores, nos que se utilizaban dous escenarios). Esta decisión estratéxica ten como obxectivo optimizar as vías de evacuación. «O propósito principal é garantir un acceso efectivo e rápido dos diferentes vehículos de emerxencia, como ambulancias e bombeiros, en caso de calquera eventualidade», sinalou Samanta Barreira.

Anunciouse tamén que nesta edición poténciase a programación infantil axendada para o luns de entroido cunha tarde repleta de talleres temáticos, variados xogos populares e animación musical. «Este ano como novidade», explicou a concelleira de Festexos, «haberá obradoiros de elaboración de máscaras e de capuchóns, destinados aos máis pequenos da casa».



Máis de 200.000 persoas seguiron a campaña “ser ou estar”

Dende a área de Turismo, Cultura, Festexos e Conservatorio, quixeron resaltar tamén o gran impacto que está a ter a campaña publicitaria "Ser ou Estar". Ata o día de hoxe, os 4 sketches que conforman a parte audiovisual da campaña «xa foron vistos por máis de 200.000 persoas a través das redes sociais municipais».

Co cartel como “punta de lanza” o Concello de Verín presentou o pasado 16 de xaneiro a campaña publicitaria “Ser ou Estar”, composta por unha serie de accións offline e online especialmente deseñadas co obxectivo de revalorizar os valores propios e máis representativos do Entroido de Verín.

«Aínda que o ano pasado centrabamos a campaña publicitaria nas figuras icónicas desta celebración (capuchóns, cigarrón, entroideiros míticos de renome), nesta ocasión», explicou Samanta Barreira, «queremos poñer en valor a outra cara da moeda, máis anónima, pero igualmente importante: aquela das persoas e grupos que, detrás dás máscaras, dan vida ao noso Entroido».

Este esforzo vai máis aló dunha mera recuperación dos valores tradicionais do entroido, xa que se enfoca en manter viva a esencia cultural do evento, recoñecendo ademais o seu papel vital como un dos principais impulsores económicos da vila. «En Verín, a tradición non só é unha herdanza do pasado, senón unha forza dinámica que evoluciona constantemente. Esta campaña abraza a idea de que a tradición e a innovación poden e deben coexistir en perfecta harmonía», salientou Barreira.

A creación dos vídeos que protagonizarán a campaña «Ser ou Estar» foi posible grazas á colaboración das compañías de Teatro Amateur de Verín (Namarella e La Caja de Pandora), a Escola de Teatro Kotodama e a participación de recoñecidos actores da comarca, entre os que se atopan figuras tan destacadas como Alberto Rolán, Mariana Carballal, Toni Salgado e Rubén Riós. Este elenco de talentos achega a súa destreza e carisma para dar vida aos elementos máis auténticos e divertidos do Entroido de Verín.

Un aspecto moi importante a destacar é que todo o equipo técnico encargado de levar a cabo a campaña está composto por profesionais locais do ámbito audiovisual vinculados coa comarca que, ademais, comparten unha conexión única coa tradición do Entroido, vivindo de primeira man a riqueza e a autenticidade desta festividade. «A combinación de talento artístico e coñecemento arraigado na cultura local ofrécenos unha experiencia visual única e cativadora para o público», finalizou Barreira Vivián.

DESCARGUE AQUI O PROGRAMA OFICIAL DO ENTROIDO 2024

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>