Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas DECCRETO DE ALCALDÍA: Modificacións na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo
DECCRETO DE ALCALDÍA: Modificacións na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Xaneiro 2024 20:12

A ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público local, así como industrias ambulantes e rodaxes cinematográficas de aplicación vixente, de data 8 de marzo do 2000, publicada integramente no B.O.P.  núm. 55,  atópase obsoleta polos seguintes motivos:



PRIMEIRO: Dispúxose dunha nova localización coa fixación dos espazos a ocupar para cada atracción, cunhas dimensións determinadas para cada unha delas, para o que non resulta aplicable dita ordenanza.

 SEGUNDO: Non está contemplada a eliminación de barreiras derivadas da contaminación acústica producidas polas ATRACCIÓNS/POSTOS durante mínimo unha hora ó día para os nenos con trastornos auditivos.

En exercicio das atribucións que me corresponden, segundo a normativa vixente de aplicación ao réxime local, salvando o dereito de propiedade e, sen prexuízo do de terceiros, así como, doutras posibles autorizacións que o interesado teña que obter, ACORDO:

PRIMEIRO: Que neste ano, nas festas que se desenvolverán, tanto as do Entroido coma as do Lázaro, os feirantes accederán ao espazo público de balde coa instalacións das súas atraccións.

SEGUNDO: En horario de 16.30h a 17.30h ditas ATRACCIÓNS/POSTOS apagarán os seus equipos de son completamente.

TERCEIRO: Notifíquese aos interesados/as.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>