Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre a inscrición para os expositores da Feira do Lázaro
O Concello de Verín abre a inscrición para os expositores da Feira do Lázaro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Febreiro 2024 13:12

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores das feiras de alimentación e artesanía do Lázaro, que terán lugar os días 16 e 17 de marzo no Pavillón de Deportes de Verín. Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 23 de febreiro de 2024.



Datos do Evento

Data: 16 e 17 de marzo de 2024

Localización: Pavillón de Deportes de Verín (Rúa Irmáns Moreno, s/n) – 32600 Verín (Ourense)


Horario de Funcionamento:

Sábado, 16 de marzo en horario de 11:00h a 14.30h e de 16:30h a 21:00h.

Domingo, 17 de marzo en horario de 11:00h a 14.30h e de 16:30h a 20:00h. Peche do recinto feiral ao mediodía de 14:30h a 16:30h.


Requisitos

Poderán participar os expositores que elaboren/comercialicen produtos enmarcados no sector da artesanía e/ou da alimentación

Prazo e Forma solicitudes.


As candidaturas deberán ser formalizadas con data límite o 23 de febreiro de 2024.


A Folla de Inscrición e documentación complementaria deberá entregarse por algún dos dous seguintes medios:

a) Polo Rexistro da Sede Electrónica do Concello de Verín: https://verin.sedelectronica.gal (enlace)

b)        No Rexistro do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello s/n) Enviar un mail informando da inscrición realizada a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  


As inscricións que se queiran realizar e estean fóra de prazo, deberán ser consultadas previamente coa organización para revisar a dispoñibilidade dos stands.


A organización poderá rexeitar as candidaturas que non se atopen no ámbito do evento.

Por motivos de protección de datos de carácter persoal infórmase aos participantes que coa su firma na folla de inscripción, autorízanos expresamente a ceder os seus datos para ser incluídos nun ficheiro propiedade do Concello de Verín. Para a oposición, acceso, rectificación, cancelación dos mesmos realizarase na seguiente dirección:


Concello de Verín - Praza do Concello, s/n 32600 Verín- Ourense.


Documentación a aportar


-        Folla de Inscrición cuberta e asinada

-        DNI/ B.I.

-        Carta Artesán (no seu caso)

-        Dossier/memoria traballo (voluntario)

-        Fotos produto, stand (novos solicitantes)


Selección

Terán prioridade a participación comarcal, a antigüedade na participación ao evento, así como a posesión da carta de artesán (por esa orde).


A selección das candidaturas será efectuada tendo en conta o apartado anterior, cumprindo en todo caso, os requisitos de participación recollidos no primeiro apartado.


A organización realizará unha selección de variedade de produtos a expor na feira, de entre tódalas candidaturas recibidas.


Distribución

A asignación dos stands é responsabilidade da organización, en función das candidaturas seleccionadas, sector, tipo de produto e dispoñibilidade de espazos.


Valor da inscrición

*        Aluguer de stands (medidas de 3x3m) 9m2 de espazo: 70 / stand

*        Aluguer de Mobiliario (opcional)


Mostrador (medidas: 1x1x0,50): 65 /un.

Estante con andeis (medidas: 1 x 2,50 x 0,50): 60 /un.ç


Pagamento

A candidatura só será efectiva unha vez, que sexa aceptada e confirmada a participación pola organización e se realice o pagamento, nun prazo máximo de cinco días naturais.


Formas de pagamento:

?        En efectivo (ingreso na Tesourería do Concello de Verín – planta baixa)

?        Transferencia bancaria


O xustificante de pagamento deberá ser enviado á organización.


Importante indicar no CONCEPTO: FEIRA LAZARO 2024 e o Nome do Participante/Stand


Normas de participación

A aceptación na participación a feira implica a asistencia durante os dous días no horario marcado pola organización. En caso de forza maior, informar e consultar coa organización.


O montaxe e decoración dos stands deberán ser realizadas ata ás 10:30 do sábado, 16 de marzo. O desmontaxe deberá ser realizado a máis tardar o luns, 17 de marzo ás 11:00 horas.


A decoración, limpeza e seguridade dos stands é responsabilidade dos/das ocupantes.


Está prohibido expor materiais fóra dos espazos respectivos do propio stand, así coma calquera tipo de publicidade. Evitando entorpecer os corredores, debendo quedar libres en todo momento para non impedir a circulación libre dos/das visitantes.


A carga e descarga da mercadoría exposta nos stands deberá realizarse nas primeiras horas de apertura do pavillón e/ou últimas horas para evitar ocasionar molestias aos/ás visitantes nos corredores.


A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.


É obrigatoria a presenza dunha persoa no respectivo stand, 5 minutos antes da hora de apertura e ata a hora de peche.


O/A participante non pode ceder a calquer título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do stand.

ç

As paredes dos stands son en melanina branca, polo cal está prohibido perforar as mesmas.


Os Produtos

O acondicionamento e o envoltorio dos produtos deberán ser realizados en embalaxes adecuados, limpos e de material inocuo.

Os expositores son responsables da calidade do produto vendido.


Consideracións Finais

Os/As participantes quedan obrigados/as a cumprir as normas de carga e descarga e limitacións de aparcamento que sexan definidas pola organización.


A sinatura da folla de inscrición implica a aceptación de tódalas cláusulas destas condicións de participación.


A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.

A cancelación da participación por parte do expositor deberá ser presentada por escrito a organización solicitando a posibilidade de devolución do importe satisfeito.


A organización declina calquera responsabilidade ante o incumprimento das condicións de participación e se reserva o dereito de tomar as medidas oportunas en caso de incumprimento dalgunha das condicións de participación.


Seguridade

O pabellón conta con sistema de alarma.

As noites baixanse os automáticos da luz, polo cal, calquer información a maiores que deba estar en coñecemento da organización, rógase que se faga saber.


Datos de Contacto da organización do evento

CONCELLO DE VERÍN

Praza do Concello, nº 1, Verín Tlf. 988 410 000

e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Persoa de contacto: (Aedl Concello de Verín (Julia)


DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRICIÓN


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>