Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Comunicado Oficial: Cambios na Programación do Xoves de Comadres do Entroido de Verín debido a inclemencias meteorolóxicas
Comunicado Oficial: Cambios na Programación do Xoves de Comadres do Entroido de Verín debido a inclemencias meteorolóxicas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Febreiro 2024 12:38

Desde a concellería de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio do Concello de Verín infórmase que debido ao aviso amarelo por vento e choiva emitido pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), e por razóns de seguridade, realizaranse os seguintes cambios na programación do Xoves de Comadres (8 de febreiro) do Entroido de Verín:


- Reubicación do desfile infantil ao Pavillón Municipal de Deportes. Como alternativa ao percorrido polas rúas da vila, os Centros

Escolares da comarca poderán celebrar con animación musical o seu Entroido Infantil nestas instalacións municipais. Lembramos

que este evento, por motivos de aforo e seguridade, non estará aberto ao público.


- Reubicación da recepción da Raíña do Entroido e Don Carnal. Por razóns de seguridade, non se realizará a baixada polo Camiño

Real. Da mesma maneira, a recepción e tradicional saúdo da Raíña e Don Carnal levarase a cabo directamente desde o escenario

situado na propia Praza García Barbón, ás 00:30 horas da madrugada do venres.


Lamentamos os inconvenientes que estes cambios poidan ocasionar, pero a seguridade dos nosos participantes e espectadores é nosa principal prioridade. Agradecemos a súa comprensión e colaboración nesta eventual situación.


Seguiremos atentos a calquera actualización adicional e pedímoslles que estean pendentes das nosas canles oficiais para obter información actualizada sobre os eventos do Entroido de Verín.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>