Presentación “La loba y el podenco”, obra de Concha López Llamas |
Martes, 28 Maio 2024 11:08 |
O vindeiro xoves 30 de maio, o Salón de actos da Casa da Cultura acolle a presentación de “La loba y el podenco”, nova obra da bióloga, catedrática de ciencias naturais, activista e escritora, Concha López Llamas. Sinopse: Anuk, loba da carballeira zamorana, loita por manter a vida que o home trata de arrebatarlle. Diversos avatares poñeránna en relación cun podenco novo, abandonado polo seu amo durante unha xornada de caza. Atoparán os dous cánidos a maneira de coexistir e de coordinarse para facerse máis doada e agradable a existencia? Tres cazadores entrecruzan os seus pasos, no territorio de Anuk, cos dunha parella, as súas dúas fillas e unha cadela, necesitadas de reconectar co silvestre. Como afectará esta circunstancia á loba e ao podenco? E á familia interespecie que intenta pasar as vacacións nun espazo de xenerosa biodiversidade? Unha vibrante historia que afonda, ademais, no comportamento das dúas especies de cánidos da man da etoloxía; e achéganos ao pensamento ecofeminista contraposto ao patriarcado. Concha López Llamas é bióloga, catedrática de ciencias naturais, activista e escritora. Durante moitos anos contribuíu á divulgación científica e didáctica. Entre a súa recente obra narrativa destacan “Bajo el dominio del Río Negro. Mirada interior de una naturalista” (2011), «La piel restaurada» (2012), “Beatriz y la loba” (2014), “Espejo Lobo” (2018) e “Yo, ecofeminista. Vivencias y pensamientos en diálogo transformador” (2023). En todas elas amosa o seu compromiso coas reivindicacións ecoloxistas, feministas, ecofeministas e animalistas. Organiza Biblioteca Municipal de Verín
|