Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Música, baile e diversión para todas as idades na festa da Batucada de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Xullo 2024 12:35

Os días 26 e 27 de xullo, Verín celebrará a súa tradicional festa da batucada, un evento que cada ano reúne a milleiros de persoas arredor da música, o baile e a diversión. O programa oficial da festa inclúe actividades para todos os públicos e gustos, como desfiles infantís, a festa da espuma e da auga e máis de dez horas de animación musical variada . Así o confirmou esta mañá a concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira.

A festa arranca o venres 26 -ás 11:00 horas- co desfile infantil da ludoteca e campamento urbano municipal, que este ano realizará unha colorida e festiva representación de diversos tipos de doces e lambetadas. Os nenos e nenas que participen no desfile estarán disfrazados de caramelos, pasteis, xeados e outros doces, enchendo as rúas da vila de alegría e cor. O mesmo partirá do Colexio Amaro Refojo e pasará pola Praza do Concello ata chegar á Praza García Barbón.

Pola tarde, de 16:30 a 19:00 horas, a festa trasladarase á praia fluvial do río Támega, onde haberá inchables e animación musical.

A noite do venres estará amenizada por Enjoy eventos, que porá música e ambiente na Praza García Barbón desde as 23:00 ata as 2:30 horas.

O sábado 27, a festa continuará coa xa tradicional festa da espuma e da auga, que se celebrará na Praza García Barbón de 17:00 a 19:00 horas, coa música de A Gramola. Ao igual co ano pasado, implementaranse dúas zonas de espuma diferenciadas, unha máis ampla para o público adulto e outra para o infantil.

Ás 19:00 horas comezará o desfile da Batucada, que sairá da mesma praza e percorrerá as rúas da Cruz, a Mercé, Laureano Peláez e Irmáns Moreno. Participarán no mesmo a Banda de Gaitas, a  batucada Bloquinho de Xérmolos e a charanga Los Támega.

O broche final da festa virá da man de de tres djs de primeiro nivel: Alex G, Dmiron e Traffic House, que actuarán na Praza García Barbón entre as 23:30 e as 2:30 horas.

 
?>