Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV trae unha experiencia gourmet e multisensorial da man de Begoña Vázquez e a Denominación de Orixe Monterrei
O FIC Vía XIV trae unha experiencia gourmet e multisensorial da man de Begoña Vázquez e a Denominación de Orixe Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Agosto 2024 10:44


O Auditorio Municipal de Verín acolle o sábado 31 de agosto unha experiencia gastronómica gourmet da man de Begoña Vázquez, que ven de recibir o premio á Mellor Cociñeira Galega do Ano, así como da Denominación de Orixe Monterrei. O FIC Vía XIV aposta nesta edición por ir máis alá da pantalla. Na súa liña de fomentar o turismo sostible na vila, promove esta actividade na que un número reducido de persoas poderán gozar dunha experiencia multisensorial na que viño, música e produtos locais escollidos con moito mimo se mesturan nunha combinación única. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.


Begoña Vázquez, gañadora do premio Cociñeiro Galego do Ano 2024 e a primeira muller en conseguilo, acompaña as persoas asistentes nesta experiencia culinaria a descubrir a riqueza gastronómica da nosa contorna a través dunha cata xunto a Denominación de Orixe Monterrei, un dos patrocinadores que fan posible o FIC Vía XIV e insignia da

Begoña é unha das cociñeiras máis salientables do panorama actual e nas súas creacións predomina a mestura entre cociña tradicional e de vangarda. Unha experiencia multisensorial que mestura viño, comida e música, estimulando todos os sentidos das persoas participantes de xeito armonioso e complementario.

Por parte da D.O. Monterrei a cata será impartida polo Director Técnico Luis Miguel López Núñez.

Dende o festival, agradecen a súa participación así como o apoio da Denominación de Orixe Monterrei. “A cultura non existe de xeito illado á contorna. Por iso, dende o FIC Vía XIV apostamos por unha fusión entre cinema e gastronomía. Crear sinerxías e potenciar o talento e produtos locais é fundamental para continuar coa nosa teima de facer de Verín o centro neurálxico do turismo na contorna”, asegura Carlos Montero, director do festival.




 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>