Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 70 persoas participaron na charla sobre prevención de fraudes informáticos e mellora da seguridade cidadá dirixida ás persoas maiores en Verín
Máis de 70 persoas participaron na charla sobre prevención de fraudes informáticos e mellora da seguridade cidadá dirixida ás persoas maiores en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Outubro 2024 13:59

Esta mañá, o Salón de Actos do Concello de Verín acolleu unha charla informativa dirixida ás persoas maiores, organizada pola Garda Civil en colaboración co departamento de Benestar Social do Concello de Verín e o programa "Cara a conquista do Benestar" do Voluntariado Sénior. A formación abarcou desde a seguridade no fogar ata a prevención de fraudes e o uso seguro de Internet.


Máis de 70 persoas participaron na charla, onde estiveron presentes, en representación do Concello, Rosario Rodríguez, concelleira de Servizos Sociais, e Cándida Couñago, concelleira responsable do área de Seguridade Cidadá. A charla foi impartida por Vanesa Domínguez Sousa, ponente do Plan Mayor e do Plan Director da Garda Civil.

Rosario Rodríguez destacou a importancia destas charlas, subliñando que «este tipo de iniciativas son fundamentais para empoderar aos nosos maiores e garantir a súa seguridade no día a día». Rodríguez quixo agradecer a participación de todos os asistentes e tamén dos membros do voluntariado sénior, «que coa sua labor altruista supoñen un importante apoio para os técnicos responsables da área de Servizos Sociais e contribúen significativamente á mellora da calidade de vida da nosa comunidade».

O obxectivo da charla foi dotar ás persoas maiores das ferramentas necesarias para protexerse mellor ante as ameazas que poidan sufrir no seu día a día, mellorando así a súa calidade de vida e sensación de seguridade.

A Garda Civil tamén aproveitou para fomentar a denuncia inmediata de calquera situación de risco, contribuíndo a unha resposta policial máis eficaz e rápida. Desta maneira, buscábase aumentar a seguridade deste sector da poboación, dotándoo de coñecementos actualizados que os axudaran a defenderse mellor das posibles ameazas ás que puideran estar expostos.

Na charla abordáronse aspectos como a seguridade no fogar e vía pública, defensa fronte as estafas, prevención do maltrato ou a seguridade dixital. Esta formación enmárcase dentro do Plan Mayor de Seguridad, da Garda Civil e Policía Nacional, un programa nacional, impulsado pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior e desenvolvido pola Garda Civil e a Policía Nacional, que ten como obxectivo principal mellorar a seguridade das persoas maiores.

Programa Voluntariado Sénior

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Verín solicitou a subvención do “Voluntariado Sénior” ofertada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Este proxecto, no que se enmarca a iniciativa municipal “Doantes de sabedoría”, ten como finalidade contribuír a mellorar a calidade de vida dos maiores, realizando actividades orientadas a eliminar estereotipos, creando unha imaxe máis social e dinámica.

Nesta iniciativa, organizada polo departamento de Oficina Xuventude (voluntariado) e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, participan voluntarios sénior que apoian o traballo que realizan os técnicos da área de Servizos Sociais municipais, e do que se benefician mais de 650 persoas.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>