Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2024
O Concello abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2024 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Novembro 2024 12:45

Os días 6, 7 e 8 de decembro, o Concello de Verín organiza na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal.


Horario da Feira do Nadal 2024:

  • Venres 6 de decembro: 16:00 - 21:00 h
  • Sábado 7 de decembro: 11:00 - 14:00 h e 16:30 - 21:00 h
  • Domingo 8 de decembro: 11:00 - 14:00 h e 16:30 - 20:00 h

O evento estará ambientado na temática de Nadal e contará coa participación de artesáns e produtores que amosarán os seus produtos e decoracións aliñados coas festividades. Cada expositor aportará a súa creatividade en forma de cestas de Nadal, envoltorios temáticos, luces e outros elementos decorativos característicos da tempada.

A inscrición está aberta para artesáns e profesionais da alimentación, quen deben cumprir cos requisitos estipulados nas bases de inscrición e presentar unha solicitude a través da sede electrónica do Concello de Verín (https://verin.sedeelectronica.gal) ata o día 12 de novembro de 2024.

O Concello de Verín busca, mediante este evento, apoiar aos pequenos produtores e fomentar o consumo de produtos locais, á vez que ofrece aos asistentes unha experiencia única para gozar do ambiente de Nadal en familia.

Consulta aquí as bases de inscrición

Máis información

Concellería de Feiras: Manuel Lorenzo

Oficina de Desenvolvemento Local (Julia)

988 410 000



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>