Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas AEVER lanza a quinta edición da campaña de fidelización “Os 6.000 de Verín”
AEVER lanza a quinta edición da campaña de fidelización “Os 6.000 de Verín” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Novembro 2024 13:11

A Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER) presentou hoxe a quinta edición da campaña de fidelización “Os 6.000 de Verín”, destinada a fomentar a actividade comercial na vila durante a campaña de Nadal. No acto de presentación, celebrado na sede de AEVER, participaron o presidente da asociación, Santos Álvarez; o xerente, José Ángel Rodicio; e a concelleira de Comercio do Concello de Verín, Isabel González.


A campaña levarase a cabo entre o 14 de novembro e o 26 de decembro e conta coa participación de 110 establecementos asociados. A iniciativa incorpora un sistema de premios, a través do cal se sortearán 19 cheques de diferentes importes: un cheque de 2.000 €, un de 1.000 €, dous de 500 €, cinco de 200 € e dez de 100 €. O sorteo celebrarase o 27 de decembro na sede de AEVER, en presenza de notario.

Os clientes que realicen compras nos comercios adheridos poderán participar no sorteo completando as papeletas que recibirán nos devanditos establecementos e depositándoas nos buzóns habilitados. As bases da campaña estarán dispoñibles na páxina web de AEVER (www.ccaverin.com).

A concelleira  responsable da área de Comercio, Isabel González, destacou a importancia de apoiar o comercio local nesta campaña: «Cada compra que realizamos nos nosos establecementos contribúe directamente ao desenvolvemento económico da nosa comunidade, fortalece o tecido comercial e apoia os pequenos empresarios que son o motor da nosa vila”.

 A campaña “Os 6.000 de Verín” conta coa colaboración do Concello de Verín e o cofinanciamento da Xunta de Galicia.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>