Arte, reflexión e música: así será a V Gala da Igualdade no Auditorio Municipal |
Martes, 19 Novembro 2024 12:51 |
O vindeiro sábado, 23 de novembro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a V Gala da Igualdade, un evento que combina cultura, música e compromiso cos valores da xustiza, igualdade, non violencia e inclusión. Este ano, a gala rende homenaxe a Santa Icía, patrona da música e das persoas dedicadas a esta arte, nunha celebración aberta a toda a cidadanía con entrada gratuíta. A xornalista verinesa Nora Sola será a encargada de conducir a velada, que contará cun variado e completo programa:
Como colofón, ofrecerase unha chocolatada para compartir un momento de convivencia e desfrute colectivo. A V Gala da Igualdade, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Verín, a súa ANPA e o Concello de Verín, representa unha oportunidade única para destacar a importancia da igualdade de xénero a través da música, a arte e o pensamento crítico. Dende o Concello de Verín convidamos a toda a veciñanza a participar e gozar dun evento que combina tradición, cultura e compromiso coa xustiza social. |