Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 30 actividades para celebrar o Nadal en Verín: cultura, diversión e tradición
Máis de 30 actividades para celebrar o Nadal en Verín: cultura, diversión e tradición PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Decembro 2024 14:10

Verín, 5 de decembro de 2024. O Nadal chega a Verín cunha completa programación que inclúe máis de 30 actividades dirixidas a todos os públicos. Dende eventos culturais ata iniciativas solidarias e de dinamización comercial, o programa está deseñado para encher de maxia e tradición esta temporada festiva.


Cultura e tradición

O programa inclúe propostas culturais de gran relevancia, como o Concerto de Nadal do Conservatorio Profesional de Música de Verín (20 de decembro) e o esperado Teatro “O Auto de Castromil” (15 de decembro). Ademais, os amantes da arte poderán gozar da exposición "Pintura e Tinta" de Pedro Castro, aberta ata o 7 de xaneiro.

 No ámbito relixioso, destaca a celebración da Festividade da Virxe María Inmaculada (8 de decembro), o emblemático Belén da Viruca, que estará aberto ata o 6 de xaneiro, e a tradicional misa do galo (24 de decembro).


Diversión en familia e espírito do Nadal

Os máis pequenos serán os protagonistas do LudoNadal, un espazo de lecer infantil que estará en funcionamento dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro. Tamén poderán gozar de espectáculos familiares como “O Apalpador e a Nena sen Medo” (20 de decembro), a Gala de Nadal de AEVER (2 de xaneiro), ou os Bolechas (3 de xaneiro).

A maxia do Nadal brillará coa Gran Cabalgata dos Reis Magos o 5 de xaneiro, un evento que percorrerá as principais rúas de Verín cun despregue de cor e música.

Solidariedade e comercio local

A solidariedade ocupa un lugar destacado con actividades como o Evento Solidario DANA Valencia (7 de decembro), cuxos fondos serán destinados á reconstrución de zonas afectadas pola DANA. Por outra banda, iniciativas como a campaña comercial "Os 6.000 de Verín" incentivan as compras locais, ofrecendo premios aos participantes.

 Arte, música e humor

O programa tamén destaca pola riqueza musical e humorística con espectáculos como o Concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (21 de decembro) e o provocador monólogo de Leo Bassi “Yo, Mussolini” (14 de decembro). Entradas dispoñibels en ataquilla.com. Cabe destacar que todas as fins de semana haberá cinema comercial na Casa da Cultura.

Actividades temáticas e obradoiros

Feira de Nadal (do 6 ao 8 de decembro) ofrecerá obradoiros temáticos, actuacións musicais e unha máxica visita de Papá Noel. Ademais, os interesados na artesanía poderán participar no Obradoiro de Coroas Florais (15 de decembro), unha iniciativa que combina creatividade e apoio ao comercio local.

O Concello de Verín convida a veciños e visitantes a desfrutar desta variada programación que busca fomentar a convivencia, a cultura e o espírito do Nadal nun ambiente único.


Programa completo

Ata o 8 de decembro

Verín
NOVENA DA INMACULADA
Igrexa de Santa María a Maior, 19:00 h
Do 30 de novembro ao 8 de decembro, terá lugar na parroquia de Santa María a Maior de Verín a Novena en honra á nosa Nai, a Virxe no misterio da súa Inmaculada Concepción. Haberá misa rezada ás 09:00 h con Novena e pola tarde ás 19:00 h, Santo Rosario seguido da Novena e Misa Solemne con predicación. Nos días festivos, os horarios serán ás 09:00, 12:00 e 19:00 h.
Org.: UAP Verín


Fins de semana de decembro

Verín
PROGRAMACIÓN DE CINE DECEMBRO
Venres, sábado e domingo

1 de decembro: Bufalo KidsA Infiltrada.

Do 6 ao 8 de decembro: Xurado nº2Robot Salvaxe.

Do 13 ao 15 de decembro: RaqaHarold e o lápis máxico.

Do 20 ao 22 de decembro: Red One.

Do 27 ao 29 de decembro: É o inimigo?A película de Gila e Superklaus.

As entradas poderán adquirirse 30 minutos antes de cada sesión na entrada do Salón de Actos de Verín. Prezo: 5 €.
Organiza.: Concello de Verín


5 de decembro - 7 de xaneiro de 2025
EXPOSICIÓN “PINTURA Y TINTA” DE PEDRO CASTRO
Sala de Exposicións Municipal

Horario de luns a venres: 12:00 a 14:00 h | 20:00 a 21:30 h

Excepto festivos: Noiteboa, Nadal, Noitevella e Ano Novo.

Mostra do pintor Pedro Castro Couto, un recoñecido artista cuxa obra combina cerámica, óleo, acrílico e plumilla. A súa paixón pola historia e a arqueoloxía reflíctese nas súas creacións, con leccións visuais sobre culturas como a castrexa, greco-romana e medieval.
Org.: Pedro Castro
Colab.: Concello de Verín

5 de decembro

II GALA DO ACORDEÓN

Casa da Cultura, 20:00 h.

Doce acordeonistas, de diversas idades e niveis, deleitarannos coas súas habilidades individualmente e en conxunto, para interpretar cancións características deste instrumento.

Organiza: Sons do Mestre Miro e Academia a Tempo.

Colabora: Concello de Verín.

Do 6 ao 8 de decembro


FEIRA DE NADAL

Praza García Barbón, venres: 16:30 a 21:00 h | sábado: 11.00 a 14.00 h | 16.30 a 21.00 h | Domingo: 11.00 a 14.00 h | 16.30 a 20.00 h.

Venres 6

 16:30 - 19:00 | Obradoiro de doces de Nadal


Sábado 7

12:00 | Actuación da Coral de Verín

 16:30 - 19:00 | Obradoiros temáticos e decoración de cartas de Papa Noel

 17:00 - 19:00 | Tarde Máxica con Papá Noel: recollida de cartas no seu stand


Domingo 8

12:00 | Espectáculo musical Aldeas de Nadal, de Nelson Quintero

16:30 - 19:00 | Obradoiros temáticos de Nadal

19:30 | Entrega diplomas participación a expositores

 19:45 | Entrega premio ao mellor stand e Sorteo dunha cesta de Nadal

Organiza: Concello de Verín


7 de decembro

EVENTO SOLIDARIO DANA VALENCIA: “DISCULPA SI TE PRESENTO COMO QUE NO TE CONOZCO”. Auditorio, 20:30 h. *Entrada Solidaria 8 € en ataquilla.com

“Disculpa si te presento como que no te conozco” es el resultado de tres años de creación. Refleja la forma en que Miguel y Pablo se encuentran, dos cuerpos que juegan con la simetría, la duplicidad y la ambigüedad para componer imágenes sorprendentes, diálogos acrobáticos y escenas oníricas. Al conectar con diferentes emociones dan forma a una obra que tiene un significado particular para cada persona y para que el espectador haga su propia versión y descubra a través de la danza y el circo la dualidad “quién es el otro – quién soy yo”.


*O recaudado será doado a Valencia para contribuír as labores de reconstrución das zonas afectadas pola DANA.

Coprodución: Valencia-León. Miguel Barreto e La Pequeña Victoria Cen.

Organiza: Concello de Verín

Do 8 de decembro ao 6 de xaneiro


BELÉN DA VIRUCA

Salón parroquial da Igrexa Santa María a Maior. De luns a venres polas tardes e fins de semana  en horario de mañá e tarde.

O tradicional Belén da Viruca é un dos máis emblemáticos do sur da provincia de Ourense. Inclúe decenas de figuras artesanais, moitas delas móbiles e unha infinidade de escenas típicas da tradición relixiosa e galega, sen esquecer aspectos de actualidade.

Organiza: Viruca.

Colabora: Uap Verín.


8 de decembro,
FESTIVIDADE DA VIRXE MARÍA INMACULADA
Igrexa Parroquial de Verín
Santa Misa e Novena ás 09:00, 12:00 e 19:00 h.
Org.: UAP Verín


14 de decembro

MONÓLOGO LEO BASSI: YO, MUSSOLINI

Auditorio de Verín, 21:00 h.

Leo Bassi volve posicionar fronte á extrema dereita cun espectáculo nado do auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista. Un desafío directo á xente que loitou sempre por unha vida máis solidaria e humanista. “Yo, Mussolini” é unha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, ou, mellor, “risistir!” con intelixencia á intolerancia. E é que a mensaxe máis importante de “Yo, Mussolini” é que o fascismo crece polo medo que xera, e que o mellor antídoto contra ese medo é o sentido do humor. Entradas: ataquilla.com

Organiza: Ktorce – Laboratorio Creativo.

Colabora: Concello de Verín.


15 de decembro

OBRADOIRO DE CORONAS FLORAIS

Pavillón Municipal de Verín, de 10:00 a 14:00 h.

Obradoiro temático de Nadal organizado en colaboración coas florerías de Verín; realizándose esta segunda edición coa floraría Florciñas. A iniciativa busca non só celebrar a temporada festiva elaborando os nosos propios adornos, senón tamén dinamizar o comercio local. Inscrición 20 euros, no propio establecemento Florciñas (Av. de Portugal, 52, 32600 Verín).

Organiza: Concello de Verín.

Colaboran: Florerías de Verín.


15 de decembro

TEATRO “O AUTO DE CASTROMIL”

Auditorio de Verín, 19:30 h. Entrada de balde.

Este espectáculo de Produccións Teatrais Excéntricas, gañador do III Certame de Proxectos Teatrais Manuel María, presenta unha viaxe onírica en transporte público pola Galiza inconsciente, mesturando humor, rebeldía e tradición a través das obras de Manuel María. Cun elenco destacado —Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez—, a obra xa foi recoñecida con dous Premios María Casares e nominada aos Premios Max

Organiza: Concello de Verín


Ata o 27 de decembro

CAMPAÑA COMERCIAL “OS 6000 DE Verín” DE AEVER

A campaña "Os 6.000 de Verín”, que busca incentivar as compras en Nadal, estará en funcionamento ata o 27 de decembro. O sorteo terá lugar o 28 de decembro. Os clientes deberán cubrir as papeletas polas compras realizadas e introducilas nas caixas de correos dalgún dos 110 locais participantes. Os premiados poderán trocar os cheques por compras ata o día 5 de xaneiro de 2023.

Máis info en: https://ccaVerín.com/

Organiza Aever Verín.

Colabora Concello de Verín.


Desde 23 decembro ao 7 de xaneiro

LUDONADAL

Pavillón Municipal de Deportes, de luns a venres, de 09,00 horas ata as 14,00 horas, e dende as 16:00 horas ata as 20:00 horas.  Sábados, de 09:00 a 14:00 h.

Servizo municipal de ludoteca dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. O obxecto desta iniciativa e facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. Máis información: Oficina Municipal de Información Xuvenil, (Casa da Xuventude), T. 988 414 776.

Organiza: Concello de Verín.


14 de decembro

GALA DE XIMNASIA RÍTMICA

Pavillón municipal, 11.00 h.

A Escola de Ximnasia Rítmica dependente da área de Deportes do Concello de Verín, convídanos á exhibición, que con motivo das festas do Nadal realizarán as  alumnas de Ximnasia Rítmica. Un espectáculo que fará que pequenos e  adultos poidan gozar dunha magnifica exhibición deportiva.

Organiza: Concello de Verín.


20 de decembro

ESPECTÁCULO FAMILIAR: “O APALPADOR E A NENA SEN MEDO” DE A XANELA DO MAXÍN

Salón de Actos da Casa da Cultura, 18:00 h. Entrada de balde.

O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.

Organiza: Concello de Verín.


20 de decembro

CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA

Auditorio Municipal de Verín, 20:00 h.

Actuación de alumnas e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Verín con repertorio clásico e de Nadal.

Organiza: CMUS Verín.


21 de decembro

CONCERTO XABIER DÍAZ & Adufeiras de Salitre

Auditorio Municipal de Verín, 20:30 h.

No comezo de 2024, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre publican o seu novo disco, “Axúdame a sentir” , o que será o cuarto da súa carreira en conxunto. Con este álbum, e tras case 10 anos de traxectoria e máis de 350 concertos, continúan traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país.

Organiza:  Concello de Verín.


22 de decembro

TEATRO “YALLAH-YALLAH” (La Caja de Pandora)

Auditorio Municipal de Verín, 19:00 h. Entrada 5€

Yallah-Yallah é unha comedia adaptada en galego do filme dos anos oitenta “Bajarse al moro”, que a súa vez foi unha adaptación da obra de teatro homónima de José Luis Alonso de Santos. Yallah-Yallah conta a historia de dous primos hippies que conviven cun policía nun piso dun barrio de Madrid dos anos 80, cando baixarse ao moro estaba á orde do día. “Yallah-Yallah” é unha expresión de ánimo que ben podería traducirse por “veña, veña”, así que todos ao teatro Yallah-Yallah!

Organiza: La Caja de Pandora

Colabora: Concello de Verín


24 de decembro

Verín
MISA DO GALLO
Igrexa Parroquial, 00:00 h
Misa tradicional de Noiteboa.
Org.: UAP Verín


28 de decembro

CONCERTO DE NADAL DE NOVA ERA “A UN PASO DOS DEZ”

Auditorio Municipal de Verín, 18:30 horas. Entradas: ataquilla.com

A Banda de Gaitas Nova Era volve un ano máis ao Auditorio Municipal de Verín para ofrecer o seu xa tradicional concerto de Nadal. Nesta ocasión, ás portas de comezar as celebracións do seu décimo aniversario, a banda preparou este concerto baixo o título "A un paso dos dez". Será unha cita moi especial na que interpretarán unha recompilación de pezas que mesturan diferentes estilos musicais: ritmos galegos, melodías doutros países ou incluso cancións pop ben coñecidas polo público. Como vén sendo habitual, Nova Era sorprenderanos co seu repertorio. Non podedes faltar!

Organiza: Asociación de Música Tradicional de Monterrei – Banda de Gaitas Nova Era

Colabora: Concello de Verín


29 de decembro

PANXOLIÑAS NA RESIDENCIA DE ANCIÁNS - CORAL DE VERÍN

Residencia de anciáns Santa María, 10:00 h.

Organiza: Coral de Verín.

Colabora: Concello de Verín.


2 de xaneiro

GALA DE NADAL DE AEVER

Pavillón dos Deportes, 17:30 h.

O evento, conducido pola actriz Isabel Risco, contará coa participación do Mago Teto, a polifacética Sue Moreno e a actuación musical de Cé Orquestra Pantasma. Esta gala familiar promete unha tarde chea de humor, maxia e música para todos os asistentes.

Organiza: AEV

Verín, 5 de decembro de 2024. O Nadal chega a Verín cunha completa programación que inclúe máis de 30 actividades dirixidas a todos os públicos. Dende eventos culturais ata iniciativas solidarias e de dinamización comercial, o programa está deseñado para encher de maxia e tradición esta temporada festiva.


3 de xaneiro

OS BOLECHAS, Cantares de Reis

Auditorio Municipal de Verín, 18:00h. Entrada de balde.


4 de xaneiro

VISITA DOS REIS MAGOS A RESIDENCIA DE ANCIÁNS SANTA MARÍA

Organiza: Concello de Verín.


5 de xaneiro

GRAN CABALGATA DOS REIS MAGOS

A partir das 17:30 h. Saída San Lázaro e chegada a Praza do Concello.

As súas maxestades, os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello (se as condicións climáticas o permiten).

Organiza: Concello de Verín.

Colabora: Concello de Verín.


3 de xaneiro

OS BOLECHAS, Cantares de Reis

Auditorio Municipal de Verín, 18:00h. Entrada de balde.


4 de xaneiro

VISITA DOS REIS MAGOS A RESIDENCIA DE ANCIÁNS SANTA MARÍA

Organiza: Concello de Verín.


5 de xaneiro

GRAN CABALGATA DOS REIS MAGOS

A partir das 17:30 h. Saída San Lázaro e chegada a Praza do Concello.

As súas maxestades, os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello (se as condicións climáticas o permiten).

Organiza: Concello de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>