Os expositores dan un sobresaliente a organización da feira |
Martes, 10 Decembro 2024 15:23 |
O Concello de Verín realizou un balance “excelente” da edición 2024 da Feira de Nadal, baseada nos resultados das enquisas respondidas polos expositores participantes. A localización, a limpeza e a organización xeral acadaron valoracións sobresalientes, consolidándose como os aspectos mellor valorados do evento; destacando tamén un aumento progresivo nas vendas. As enquisas realizadas preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións vinculadas a feira entre as que se lle preguntaba a valoración de:
Satisfacción e intención de continuidade Un dato especialmente relevante é que o 96% dos expositores (30 de 31) confirmaron o seu interese en participar na Feira de Nadal 2025, destacando a fidelización lograda polo evento. Ademais, o 80% amosou interese por participar na Feira do Lázaro 2025 do Concello de Verín, marcando un récord de intención de participación neste evento en comparación con anos anteriores. O concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lourenzo, destacou que «os datos reflicten que seguimos unha tónica de mellora continua, ofrecendo aos expositores e visitantes unha experiencia de calidade. É especialmente satisfactorio ver un aumento tan significativo nas vendas, algo que é clave para o éxito de calquera feira». Sorteo da cesta de produtos premio a mellor stand Este ano, a persoa premiada no tradicional sorteo celebrado o domingo na carpa de feira cunha cesta de produtos típicos de nadal cedida polos expositores foi Pilar Núñez Rojas (recolleu o premio a sua filla, Sonia Núnez) , e o premio a mellor stand foi outorgado a La luna de los sueños (Yolanda Hernández Marco e Beatriz Cándido Carrasco).
|