Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno extraordinario – 20 de decembro
Pleno extraordinario – 20 de decembro PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Decembro 2024 19:11

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 

  1. 1. Aprobación da acta da sesión anterior
  2. 2. Expediente 3644/2024. FIXACIÓN FESTAS LOCAIS 2025: o 17 de xaneiro (San Antón) e o 5 demarzo (mércores de cinsa)
  3. 3. Expediente 5865/2024. CONVENIO de planeamento e desenvolvemento do entorno da Igrexade Santa María a Maior coa Diócesis de Ourense para ser incluído no Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Verín
  4. 4. Expediente 5791/2024. Subvencións Directas ou Nominativas: ESCOLAS DEPORTIVAS
  5. 5. Expediente 5794/2024. Subvencións Directas ou Nominativas: FIC VERÍN

 

Tras aprobar a acta da anterior sesión, o presidente, Gerardo Seoane Fidalgo, someteu a votación a aprobación das Festas Locais para 2025, quedando
aprobados por unanimidade o 17 de xaneiro, festividade de San Antón, e o 5 de marzo, mércores de cinza.

 

Por outra banda, ratificouse tamén na sesión plenaria, con 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular, o convenio de Plaeamento Desenvolvemento do entorno da Igrexa de Santa María coa Diócese de Ourense. Este proxecto forma parte do Plan Especial de Protección e Reforma do Casco Histórico e inclúe a creación dun novo parque de uso público no interior da mazá, a demolición de edificacións obsoletas e a reordenación de espazos verdes e libres non edificables.

 

O acordo contempla tamén a cesión de uso de certas parcelas por parte da Diócese de Ourense e a rehabilitación da casa parroquial, garantindo así a preservación do patrimonio histórico e cultural. Ademais, o Concello comprométese a asumir a execución de obras de mellora, demolición e axardinamento, así como a promoción de actividades que revitalicen este emblemático espazo.

 

Por último, o pleno municipal aprobou, con 12 votos a favor (7 do PSdeG-PSOE e 5 do BNG) e 4 abstencións do Partido Popular, á concesión de dúas subvencións nominativas correspondentes ao exercicio 2024. Unha delas, por importe de 50.000 euros, destínase ás Escolas Deportivas de Verín para o desenvolvemento das súas actividades; mentres que a outra, de 40.000 euros, será asignada á Asociación Vía XIV para apoiar a organización do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, un evento clave na axenda cultural da vila do Támega.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>