Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín adianta a Cabalgata de Reis ao sábado, 4 de xaneiro, debido ás inclemencias meteorolóxicas
O Concello de Verín adianta a Cabalgata de Reis ao sábado, 4 de xaneiro, debido ás inclemencias meteorolóxicas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Xaneiro 2025 13:36

Co obxectivo de garantir a seguridade e o desfrute de toda a veciñanza, o Concello de Verín anuncia que a tradicional Cabalgata de Reis se celebrará este sábado, día 4 de xaneiro, en lugar do domingo inicialmente previsto. Esta decisión foi adoptada debido ás previsións meteorolóxicas adversas.


A concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira, explicou que «esta medida busca que a veciñanza poidan gozar da chegada das súas Maxestades de Oriente nas mellores condicións posibles, tendo en conta a actual situación meteorolóxica. A nosa prioridade é a seguridade e que os máis pequenos poidan vivir unha experiencia máxica e sen contratempos.»

A Cabalgata terá lugar conforme ao seguinte programa actualizado:

  • Horario de saída: 17:30 h
  • Punto de saída: San Lázaro
  • Percorrido: Avenida Luis Espada, rúas Deputación e Irmáns Moreno, ata o Pavillón de Deportes.
  • Apertura de portas no Pavillón: 17:30 h

 Dende o Concello, recoméndase á veciñanza seguir as indicacións dos equipos de Policía Local e Protección Civil para desfrutar dunha cabalgata segura.

 No que respecta ao Pavillón de Deportes, lembrarase:

  • Manter as escaleiras e corredores libres como vías de evacuación.
  • Dispor dun espazo reservado na zona de pista para carros de nenos e nenas e persoas con mobilidade reducida.
  • Respectar as quendas, xa que as súas Maxestades atenderán a todas as familias con moita ilusión.

 O Concello de Verín agradece a comprensión e colaboración de toda a cidadanía ante este cambio e invita a participar nesta celebración, que promete ser un evento inesquecible para grandes e pequenos.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>