Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Homero Maradal”, cartel gañador do Entroido 2010
“Homero Maradal”, cartel gañador do Entroido 2010 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Xaneiro 2010 12:39

Un ano máis, o Concello de Verín promoveu o concurso para seleccionar o cartel oficial das festas, que contou coa participación cidadá no proceso de selección. En devandito proceso participaron un total de 239 veciños/as que, previa presentación do DNI, puideron escoller tres dos vinte e dous carteis. 

Unha vez concluidos o período de votación, desde o 5 ao 17 de decembro, aos tres carteis que recibiron máis votos outorgáronselles seis puntos ao primeiro, catro ao segundo máis votado e dous ao terceiro, obtendo o seguinte resultado:

- 6 PUNTOS: CARTEL Nº 3 (“HOMERO MARADAL”), que obtivo un total de 486 votos.
- 4 PUNTOS: CARTEL Nº 15 (“O ENCANTO DO ENTROIDO”), que obtivo un total de 384 votos.
- 2 PUNTOS: CARTEL Nº 5 (“RAÍCES”), que obtivo un total de 382 votos.

Posteriormente, o xurado cualificador composto por Manuela Sánchez -pintora-, María del Pilar Salgado -profesora de Pintura da Escola de Artes e Oficios- e Olalla Diéguez Boo -gañadora do concurso na pasada edición- someteu aos tres carteis anteriores a unha segunda elección, outorgándolles as seguintes puntuacións:

- 4 PUNTOS: CARTEL Nº 5 (“RAÍCES”)
- 3 PUNTOS: CARTEL Nº 3 (“HOMERO MARADAL”)
- 2 PUNTOS: CARTEL Nº 15 (“O ENCANTO DO ENTROIDO”)

Sumando os puntos do Xurado Popular e do Xurado Cualificador obtivéronse as seguintes cualificacións:

- CARTEL Nº 3 (“HOMERO MARADAL”): 9 PUNTOS
- CARTEL Nº 5 (“RAÍCES”): 6 PUNTOS
- CARTEL Nº 15 (“O ENCANTO DO ENTROIDO”): 6 PUNTOS


Polo tanto, O CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO ENTROIDO 2010 É: CARTEL Nº 3 (“HOMERO MARADAL”), DE CARLOS FOLGOSO SUEIRO.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>