O Concello oferta un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas |
![]() |
![]() |
![]() |
Luns, 20 Xaneiro 2025 13:23 |
O Concello de Verín impartirá un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas.O mesmo terá lugar desde o 28 de xaneiro ata o 25 maio, en horario de 16:00 a 21:00 horas. As persoas que superen este curso, de 370 horas, obterán un certificado de profesionalidade que os habilitará para velar pola seguridade dos usuarios de piscinas e instalacións acuáticas, previndo situacións potencialmente perigosas e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia. As persoas interesadas en inscribirse ou ampliar información poden facelo a través do teléfono 988 41 00 00.
|