Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vïa XIV quenta motores para a súa décima edición e abre a inscrición de filmes para as súas seccións oficiais renovadas
O FIC Vïa XIV quenta motores para a súa décima edición e abre a inscrición de filmes para as súas seccións oficiais renovadas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Xaneiro 2025 22:12

O FIC Vía XIV abre as inscricións a concurso da súa décima edición, que de desenvolverá entre o 28 de agosto e o 6 de setembro, e na que se tratará un tema de gran actualidade: o da postverdade. Os cineastas que desexen presentar as súas creacións a concurso poderán facelo ata o mes de abril a través das plataformas Festhome e Shortfilmdepot, accesibles de xeito directo dende a web do festival.


Para este décimo aniversario  dende a directiva anuncian que o festival apostará por incrementar a contía dos premios das seccións oficiais A Raia e Nova, as únicas que conformarán o concurso oficial desta edición, cunha dotación económica que pasa dos 750 aos 1.000 euros:  “Tras dez anos de festival, e froito da experiencia acadada nesta década de vida, realizamos un cambio estratéxico para apostar polos creadores, que son quen sosteñen o FIC Vía XIV”, afirma Carlos Montero, director do festival. Como novidade, a programación contará cunha actividade que, a través do cinema, explorará en profundidade unha subtemática do leitmotiv do festival, que nesta edición será a da Postverdade e que mudará cada ano

Como diferenciar a realidade dos relatos que se constrúen con outros fins e se cravan directamente en nós? Hai unha soa verdade ou cada persoa ten a súa propia? Nun entorno mediático saturado de imaxes, fotografías e narrativas coidadosamente construídas, o FIC Vía XIV busca nesta edición filmes que aborden a verdade non só dende un punto de vista factual, senón tamén dende a subxectividade dos seres humanos. O festival, no seu décimo aniversario, colócase no epicentro do tremor informativo que nos ven sacundindo nos últimos anos para botar man do cinema como ferramenta a través da que reflexionar en conxunto e avivar o diálogo.

O cinema como un faro que nos alumea

Na sección oficial A Raia, o FIC Vía XIV permanece fiel as súas raíces traendo a Verín o mellor do cinema galego-portugués, piar esencial da identidade do festival. Na sección oficial Nova mantense e poténciase o espazo reservado para filmes contemporáneos que desafían formatos obsoletos, ofrecendo unha plataforma para voces innovadoras e perspectivas frescas. Como novidade, o festival contará cunha sección de proxeccións de programación propia, que non participan en concurso, nas que se desfiañarán as lindes entre a verdade e a desinformación e a percepción coa manipulación, explorando como os medios de comunicación constrúen relatos que poden ser enigmáticos e profundos como o océano. Con todo, este cambio de rumbo non deixa atrás a esencia do FIC Vía XIV, que continúa esfiañando o concepto de fronteira dende distintos puntos de vista.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>