Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín reforza o dispositivo de seguridade para garantir un Entroido seguro e festivo
O Concello de Verín reforza o dispositivo de seguridade para garantir un Entroido seguro e festivo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Febreiro 2025 14:05

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, copresidiron a Xunta Local de Seguridade, na que se analizou a situación da seguridade cidadá no municipio, os casos de violencia de xénero, o Plan Director para a Convivencia nos centros educativos e se coordinou o dispositivo de seguridade de cara ás próximas celebracións do Entroido.


En canto á seguridade cidadá, a Garda Civil fixo un balance dos datos do ano pasado, nos que se observa unha estabilización en relación con períodos anteriores e, incluso, un pequeno descenso. Ademais, destacouse o incremento na resolución de delitos por parte dos axentes. En cifras, a comarca rexistrou 289 delitos graves ou menos graves, dos cales 137 foron esclarecidos.

Porén, seguindo a mesma tendencia que no resto da provincia, Verín está sufrindo un aumento dos ciberdelitos, aos que fai fronte a unidade da Garda Civil no municipio, en colaboración coa Comandancia de Ourense. Esta unidade resolve delitos e ciberdelitos a pequena escala e está esclarecendo o 30% dos casos adscritos a esta compañía.

En relación coa violencia de xénero, o cuartel de Verín está detectando un aumento de casos. Segundo explicou o subdelegado, “isto non indica que haxa máis delitos deste tipo, senón que a Garda Civil e a sociedade en xeral están axudando a visibilizalos máis para que poidan actuar as forzas de seguridade. O dato positivo é que se denuncia máis e se esclarecen máis casos”.

Pola súa parte, a Policía Nacional fixo fincapé no aumento de expedientes tramitados na súa oficina de Verín, tanto en NIE, DNI, pasaporte e solicitudes de asilo, traballos nos que están implicados oito axentes.

Así mesmo, na Xunta Local tamén se repasaron as actuacións preventivas enmarcadas na aplicación do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus arredores, que ten como obxectivo evitar condutas violentas e hábitos aditivos entre os máis pequenos.

Por último, o Concello de Verín expuxo as liñas mestras do seu dispositivo de seguridade para as celebracións do Entroido 2025, establecendo a coordinación entre Garda Civil, Policía Local e Protección Civil durante estas festas. Eladio Santos destacou a "experiencia dilatada" dos procedementos que se aplican, tanto nas xornadas previas como durante os días grandes da celebración.

Valorando os bos resultados do ano pasado, no que se rexistraron moi poucas intervencións das forzas de seguridade e de asistencia sanitaria, o subdelegado asegurou que "confiamos en que, empregando a mesma metodoloxía, este ano tamén sexa tranquilo pero festivo á vez, porque o importante é que a xente goce do Entroido de Verín", concluíu.

Xunto co subdelegado e o alcalde, na reunión tamén estiveron presentes representantes da Xunta de Galicia; Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Verín; así como a xefa da Unidade de Violencia contra a Muller da Subdelegación do Goberno, Alida Iglesias.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>