Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 160 horas de música para un Entroido de Verín que aposta pola súa esencia máis auténtica
Máis de 160 horas de música para un Entroido de Verín que aposta pola súa esencia máis auténtica PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Febreiro 2025 14:09

A concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira, presentou esta mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura a programación oficial do Entroido 2025, que ofrecerá máis de 160 horas de música en directo e unha ampla variedade de actividades destinadas a todos os públicos.


Un total de catorce agrupacións itinerantes, dez orquestras e varias actuacións musicais marcarán o ritmo do Entroido de Verín, que comezará o 20 de febreiro co xoves de Compadres e rematará o 4 de marzo co martes de Entroido. Segundo destacou Samanta Barreira, «esta é unha festa que pertence ás súas rúas, á xente e á tradición. Un programa como o deste ano é a mellor mostra de que seguimos apostando por potenciar o Entroido de sempre, mantendo a súa identidade».

Con esta ampla presenza de música na rúa refórzase o carácter popular e participativo do Entroido, consolidando a súa identidade como unha festa aberta e de convivencia. Segundo salientou Barreira, «o auténtico espírito do Entroido de Verín e aquel que nace da improvisación e da espontaneidade dos participantes. A combinación de charangas, disfraces e música nas rúas permite que a festa conserve a súa identidade histórica, fomentando a interacción entre veciños e visitantes nun ambiente de celebración e liberdade. Este enfoque garante que a esencia do Entroido de Verín siga sendo a mesma de sempre: unha festa de todos e para todos».

Un dos momentos máis emotivos deste Entroido terá lugar o domingo de Corredoiro, (23 de febreiro), coa celebración do tradicional pregón na Praza da Alameda, rendendo homenaxe este ano a Toño Prieto Lorenzo “Toné”, unha das figuras máis icónicas destas festas, recentemente falecido. O pregón será realizado polos seus fillos, mantendo viva a súa memoria e legado dentro da tradición do Entroido verinés.

 Por outra banda, mantéñense as medidas de seguridade implementadas na pasada edición, incluíndo a reorganización dos escenarios das orquestras, que funcionarán nun só espazo por día en lugar de dous. Esta medida busca optimizar as vías de evacuación e garantir un acceso rápido aos servizos de emerxencia en caso de ser necesario. Segundo explicou a concelleira de Festexos, Samanta Barreira, «apostamos por un modelo que xa demostramos que funciona e que permite aos asistentes gozar dun Entroido máis seguro e organizado».

Como novidade, o venres de compadreo (28 de febreiro), ademáis da tradicional carrada cos Festicultores Troupe, darase especial protagonismo ao talento local coa actuación na rúa Irmáns Moreno do músico Pappaquino, nome artístico de Joaquín Limia, un artista emerxente de 26 anos de Ábedes, Galicia. Pappaquino fusiona sons electrónicos con ritmos contemporáneos, inspirándose nas súas raíces e experiencias persoais. A súa presenza nesta edición do Entroido de Verín reforza o compromiso co talento da comarca e ofrece aos asistentes unha proposta musical fresca e innovadora.

Nesta edición, potenciaranse tamén as actividades destinadas aos máis pequenos da casa, en especial o luns de Entroido (3 de marzo), cunha programación especial que incluirá talleres temáticos e animación musical e que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes.

Desfiles de entroido

Os desfiles seguen sendo un dos elementos centrais do Entroido de Verín, destacando especialmente o Infantil, que se celebrará o xoves de Comadres (27 de febreiro), ás . Este evento é un dos momentos máis coloridos e emotivos da festa, no que participan centros educativos de toda a comarca. Centos de nenos e nenas percorrerán as rúas ataviados con orixinais disfraces, mantendo viva a tradición e contaxiando a súa alegría a todos os asistentes.

O gran desfile do domingo de Entroido terá lugar o domingo gordo (2 de marzo), ás 12:00 horas, ofrecendo aos asistentes un espectáculo cheo de música, cor, orixinalidade e humor que se prolongará ata a hora de xantar. Pola súa banda, o martes de Entroido, (4 de marzo), ás 16:30 horas, celebrarase o derradeiro gran desfile, poñendo o broche de ouro á festa.


PROGRAMA DO ENTROIDO DE VERíN 2025

XOVES DE COMPADRES (20 de febreiro)

00:00 h: Os “compadres” percorrerán as rúas Montemaior (saída), praza García Barbón, Cruz, praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza García Barbón, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas, onde celebrarán o xuízo e a queima do Maragato.

Charanga:

00:00 h: Los Támega

Praza García Barbón

1:00 h (a 3:00 h)Enjoy Eventos.

 

DOMINGO DE CORREDOIRO (23 de febreiro)

11:30 h: Popular concentración de Cigarróns con saída desde a Avenida de Castela, Luis Espada, Rúa Alameda ata Praza da Alameda. Os Fregueses/as serán recibidos á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial polos cigarróns.

Praza da Alameda

12:30 h: A Gramola

13:30 h: Pregón do Entroido na Praza Alameda (en caso de choiva na Praza García Barbón)

19:00 a 22:00 h:  Orquestra M3

 

Charangas

11:30 a 14:00 h: Los Támega, Noroeste, Abóbriga

17:00 a 20:00 h: Abóbriga e Noroeste

 

XOVES DE COMADRES (27 de febreiro)

11:45 h: Desfile Infantil do Entroido. Participan centros de ensino da comarca de Verín.

Recorrido: Desde o entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá, rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar na Praza García Barbón.


Cruceiro do Castelo de Monterrei (Camiño Real)

00:00 h: Descenso da comitiva polo camiño real, encabezada por Don Carnal.

Barrio de San Lázaro (Casa do Escudo)

00:30 h: A Raíña recibirá a comitiva e dirixiranse a Praza García Barbón para dar a benvida ás longas noites de festa no Entroido de Verín.

Praza García Barbón

23:00 h Animación a cargo de Enjoy EventosA Gramola.

1:00 a 4:00 h: Orquestra Marbella.


Charangas

11:30 a 14:00 h: Los Támega, MIL9, Vakapinta, Noroeste, TDB

21:00 a 1:00 hLos Támega, MIL9, Vakapinta, Noroeste, TDB, Xuntaza

 

VENRES DE COMPADREO (28 de febreiro)

Rúas de Verín

19:00 h: Desde o barrio de San Lázaro sairán dous carros do compadreo cara á rúa Irmáns Moreno, lugar no que os entroideiros degustarán viño e o tradicional porco ao espeto.

Música da carrada: Festicultores Troupe.

Rúa Irmáns Moreno

20:00 h.: Disco Móbil Space

21:00 h. Actuación Pappaquino

Praza García Barbón

00:30h a 3:30 h: Orquestra Triunfo


Charangas

11:30 a 13:30 h: Big Band

19:00 a 22:00 hBig Band

 

 

SÁBADO DE ENTROIDO (1 de marzo)

11:30 a 14:00h: As charangas Vakapinta e Como queiras Band percorrerán as rúas.

Rúas de Verín

17:00 a 22:00 h: Circuíto de charangas polas rúas de Verín:  Montemaior, Lisa, da Cruz, prazas do Cigarrón e García Barbón.

Charangas: Vakapinta, Como Queiras Band, Bandiños Band e Los Támega.

Praza García Barbón -. Orquestras

19:00 a 22:00 hFania Blanco Show

00:30 a 3:30 hLa Oca Band

 

DOMINGO DE ENTROIDO (2 de marzo)

12:00 h: Gran desfile matinal ofrecendo aos asistentes un espectáculo cheo de música, cor, orixinalidade e humor que se prolongará ata a hora de xantar.

Praza García Barbón – Orquestras

19:00 a 22:00 hMagos

00:30 a 3:30 hMiramar

Charangas

12:00 a 14:00 h: Los Támega, Noroeste, El Tattoo, Vakapinta, TDB.

17:00 a 22:00 h: El Tattoo, Vakapinta, Noroeste e TDB

 

 

LUNS DE ENTROIDO (3 de marzo)

Pavillón Municipal de Deportes

Entroido Infantil

17:00 a 20:00 h:

Animación musical: Disco móbil Verbena.

Obradoiros e actividades infantís

 

Centro da Terceira  Idade da Alameda.

Baile de entroido coa charanga Xuntanza.

 

Praza García Barbón - Orquestras

17:00 a 20:30 h: Disco Móbil Mono

20:30 a 22:00 hJB Son

00:30 a 02:00 hJB Son

Charangas

11:30 a 14:00h: Jalácticos e Xuntanza

17:00 a 20:00hJalácticos e Xuntanza

 

MARTES DE ENTROIDO (4 de marzo)

Rúas de Verín

16:30 horas: o derradeiro desfile repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor.

Praza García Barbón - Orquestras

19:00 a 22:00 hCompostela

00:30 a 3:30 hTrébol

Charangas

11:30 a 14:00 h - Vakapinta e Xuntanza

16:00 h (Desfile) – Vakapinta, Xuntanza, Los Támega, Noroeste, MIL9

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>