Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín elabora o seu Plan de Autoprotección para o Entroido 2025
O Concello de Verín elabora o seu Plan de Autoprotección para o Entroido 2025 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Febreiro 2025 12:30

A base de Protección Civil de Verín acolleu a reunión de coordinación do Entroido 2025, un encontro clave para garantir o bo desenvolvemento dunha das celebracións máis emblemáticas da vila. Dende o ano 2013, a área de Seguridade Cidadá do Concello de Verín vén traballando na planificación e optimización das medidas de seguridade en grandes eventos, co obxectivo de que tanto veciños como visitantes poidan gozar da festa con todas as garantías.



Neste marco, elaborouse un Plan de Autoprotección específico para o Entroido 2025, que establece a coordinación entre os distintos equipos de emerxencia e define os protocolos de actuación en caso de incidencia. Este plan busca garantir a seguridade do público e dos profesionais implicados no desenvolvemento das actividades, reforzando así a resposta ante calquera eventualidade.


O plan contempla ás seguintes medidas:

1. Reforzo dos equipos dos grupos de emerxencia que colaborarán nesta edición dos festexos: Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Verín, A Gudiña, A Coruña e Ferrol, Policía Local de Verín, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, Axencia Galega de Emerxencias e a Empresa Ambulancias Sil 

2. Posta en marcha dos seguintes grandes dispositivos de seguridade:

 

a) Domingo Corredoiro: Cortes de tráfico na N-525, dende Avda de Castela ata o cruce da rúa Alameda, tamén se cortará a rúa Alameda e a praza da Alameda.

Ademais haberá equipos de Protección Civil e unha ambulancia para dar cobertura ó desfile e ás prazas García Barbón e Alameda. 

b) Desfile Infantil: o tráfico rodado do centro da vila estará controlado e regulado en todo momento, por parte da policía local, para evitar que vehículos de grandes dimensións e/ou de mercadorías perigosas queden atrapados no transcurso do desfile (co obxectivo de evitar riscos e de garantir o acceso a calquera parte do desfile e da localidade aos diferentes grupos de emerxencia no caso de ser necesaria a súa intervención). Contarase tamén con voluntarios de protección civil e unha ambulancia. 

c) Xoves de Comadres: este dispositivo contará con más de 50 efectivos entre Policía Local de Verín, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Verín, Protección Civil de A Gudiña, Protección Civil de A Coruña e Protección Civil Ferrol. Devanditos equipos estarán coordinados dende o Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias que estará situado na praza García Barbón e que conta cun equipo de videograbación de seguridade. Haberá un posto sanitario medicalizado, situado na rúa Lisa con gran capacidade e con dúas ambulancias. 

d) Venres de Compadreo: Varios efectivos da Policía Local e Voluntarios de Protección Civil acompañarán ós centos de persoas que percorren as diferentes rúas da vila xunto cos carros do compadreo. Contarase tamén coa presenza dunha ambulancia. 

e) Sábado de Entroido: realizarase  un preventivo a noite do sábado no que se contará cun posto sanitario na rúa Lisa e unha ambulancia. 

f) Desfiles do Domingo e Martes de Entroido: o dispositivo é similar a anos anteriores. Como o ano pasado, informarase a aquelas carrozas participantes nos desfiles que non queiran chegar ata ó final do percorrido (praza da Alameda) que teñen a única opción de facelo a través da ponte da N-525 que comunica co barrio de San Lázaro, co fin de evitar o colapso de rúas que serven de entrada a vehículos de emerxencia á zona do desfile. O  horario de corte de tráfico rodado nas Avenidas Luís Espada e Castela será: o domingo a partir das 11:00 horas e o martes a partir das 16:00 horas. Ambos desfiles contarán co servizo de ambulancia por se fora necesario.

 

3. Como parte da implantación do Plan de autoprotección do Entroido de Verín 2025 realizouse un programa de información xeral ao público que consta das seguintes actividades preventivas:

a)   No tríptico que se reparte entre os veciños e visitantes, incluíronse consellos de seguridade a seguir no caso dunha emerxencia, así como o plano coas vías de evacuación da praza García Barbón e das zonas de aparcamento libre gratuíto.

b)   Instalación na praza García Barbón de carteis informativos cas súas vías de evacuación.

Para a elaboración deste Plan de Autoprotección para o Entroido, o Concello de Verín tivo en conta as características das diferentes actividades programadas nesas datas, os lugares nos que se desenvolven, as características da festa e do público asistente.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>