Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para expositores na Feira do Lázaro 2025 en Verín
Aberto o prazo de inscrición para expositores na Feira do Lázaro 2025 en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Febreiro 2025 20:06

O Concello de Verín anuncia a apertura do prazo de inscrición para os expositores interesados en participar na Feira do Lázaro 2025, que terá lugar os días 5 e 6 de abril no Pavillón de Deportes de Verín. Este evento, que se consolida como unha referencia no calendario festivo da comarca, reunirá unha ampla selección de produtos de artesanía e alimentación, mantendo o seu compromiso coa calidade e a tradición.

A feira contará con expositores especializados en artesanía e alimentación, ofrecendo un escaparate único para mestres artesáns, talleres artesáns e profesionais do sector agroalimentario. O prezo do aluguer dos stands será de 70€ por un espazo de 9m² (3x3m), con opcións adicionais de mobiliario dispoñibles para os participantes (mostrador, 65 €; estante con andeis, 60 €).

O horario de apertura será o seguinte: sábado, 5 de abril: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 h; e domingo, 6 de abril: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h.

Os interesados en participar deberán presentar a súa solicitude ata o 12 de marzo de 2025, a través da Sede Electrónica do Concello de Verín (https://verin.sedeelectronica.gal). No caso de que queden espazos dispoñibles, o prazo poderá ampliarse.

A selección dos participantes realizarase en función do sector, dos produtos ofertados e da súa adecuación á temática da feira, priorizando a variedade e a orixinalidade. Ademais, establecerase unha lista de reserva para aqueles solicitantes que non dispoñan de espazo inicialmente.

Para consultar as bases completas e obter máis información sobre o proceso de inscrición, os interesados poden facelo na web municipal ou contactar coa Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín a través do teléfono 988 410 000.

 - BASES PARTICIPACIÓN FEIRA LÁZARO 2025

 - DECLARACIÓN RESPONSABLE FEIRA LÁZARO 2025

 - INSCRICIÓN FEIRA LÁZARO 2025

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>