Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas COMUNICADO OFICIAL: ENTROIDO DE VERÍN
COMUNICADO OFICIAL: ENTROIDO DE VERÍN PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Febreiro 2025 12:34

O Concello de Verín quere trasladar as súas máis sentidas desculpas a todas as persoas que asistiron ao Xoves de Comadres e non puideron gozar da actuación da Orquestra Marbella debido a un fallo técnico imprevisto na súa mesa de son. A propia orquestra, responsable da infraestrutura técnica do evento, informou desta incidencia tras comprobar que o sistema funcionaba correctamente durante as probas previas.


Agradecemos o esforzo do equipo técnico da Orquestra Marbella, que traballou intensamente durante máis de dúas horas na busca dunha solución, así como a profesionalidade e rapidez dos DJ’s de Gramola e Enjoy, que permitiron que a festa continuase ata o seu remate. Lamentamos este contratempo e agradecemos a comprensión do público asistente, que unha vez máis demostrou o seu espírito festivo e o seu compromiso co Entroido de Verín.

Porén, a noite de Comadres quedou tristemente marcada por unha tráxica perda. Con inmensa dor, confirmamos o falecemento dun operario da orquestra Marbella, de 52 anos, debido a un infarto fulminante mentres realizaba tarefas de desmontaxe do escenario. A pesar da rápida intervención dos servizos de emerxencia, non foi posible reanimar á vítima.

Desde o Concello de Verín, queremos trasladar o noso máis fondo pésame aos seus compañeiros, amigos e familiares neste momento de inmensa dor. Pedimos tamén á cidadanía e aos medios de comunicación que traten esta traxedia con respecto e sensibilidade, evitando especulacións ou difusión de información que poida aumentar o sufrimento da familia e achegados.

O Entroido de Verín é unha celebración que nos une como comunidade e que vive grazas ao esforzo de moitas persoas que traballan con dedicación para que cada evento sexa un éxito. O noso compromiso segue sendo garantir que estas festas transcorran con seguridade e co respecto que merecen tanto o público como os profesionais que fan posible esta tradicional festa..

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>