Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín clausura o Entroido cun xantar popular e a entrega dos premios aos protagonistas da festa
Verín clausura o Entroido cun xantar popular e a entrega dos premios aos protagonistas da festa PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Marzo 2025 12:58

O Entroido de Verín despedíuse por todo o alto cun xantar popular no que se recoñeceu o esforzo e a paixón das carrozas e comparsas participantes nos desfiles. Durante o evento, celebrado nun ambiente de festa e convivencia, entregáronse os tradicionais galardóns que distinguen a aqueles que contribúren a manter viva a esencia desta celebración tan emblemática.


A concelleira de Festexos, Cultura e Turismo, Samanta Barreira, foi a encargada de anunciar os premiados desta edición, destacando a súa traxectoria e dedicación ao Entroido de Verín:

  • Premio Cigarrón de Honra: Concedido a Óscar Moredo, quen leva preto de dúas décadas mantendo viva a esencia do Entroido, participando activamente en todos os desfiles e facendo resoar as chocas con orgullo e tradición.
  • Premio Fidelidade: Outorgado a José Manso, en recoñecemento aos seus 34 anos de dedicación ao Entroido, sorprendendo cada ano coa orixinalidade dos seus disfraces e carrozas, enchendo a festa de creatividade e humor.
  • Premio Pescadilla (in memoriam): A título póstumo para José Luis Carrasco "Chelis", quen dedicou a súa vida ao Entroido de Verín, converténdoo nun escenario de alegría inesgotable. O premio foi recollido pola súa viúva, María Jesús Cabido (Susi), e os seus fillos Rubén e Susi.

Os galardóns foron entregados polo tenente de alcalde, Diego Lourenzo, acompañado polos pregoeiros desta edición, Jorge, Pablo e Ramón Prieto, ademais de Luisina, viúva do "Pescadilla".

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>