Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV e o Cineclube Ordet anuncian unha nova colaboración para ofrecer en Verín sesións de cinema independiente ao longo de todo o ano
O FIC Vía XIV e o Cineclube Ordet anuncian unha nova colaboración para ofrecer en Verín sesións de cinema independiente ao longo de todo o ano PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Marzo 2025 21:08

O Festival Internacional de Curtas Vía XIV, no seu décimo aniversario, aposta por espallar a súa actividade ao longo do ano co fin de facilitar á veciñanza dun acceso gratuito ao cinema independiente máis alá da semanado festival. Faino, ademais, da man do cineclube Ordet para continuar tecendo redes en Verín e esparexar assúas actividades por distintos enclaves da localidade. A primeira proxección será o vindeiro 20 de marzo, ás 20.30h n Salón de Actos da Casa da Cultura, onde se poderá ver o filme Los proscritos (Victor Sjöström, 1918). As vindeiras sesións serán anunciadas dende as redes sociais e web do FIC Vía XIV.

«Dende o FIC Vía XIV apostamos por unha programación expandida para que a veciñanza poida acceder acinema independente ao longo de todo o ano. Ademais, o formato dinámico no que están concibidas estassesións de visionado funciona como unha sorte de escola audiovisual na que o público poderá aprender as claves das obras de cada autor», explica Carlos Montero, director do festival. O antigo cineclube Nosferatu que, nun afán por revitalizarse, pasarase a chamar Ordet, será quen dinamice as sesións a través de debatesabertos e lecturas conxuntas de críticas de cinema.

Con esta iniciativa, o FIC Vía XIV pretende ensanchar as súas áreas de influencia e chegar a outros recunchosde Verín. “Somos unha vila na que o cinema sempre tivo un gran peso histórico. En Verín chegou a haber varios cinemas e cineclubes. Por iso, dende o festival traballamos para non perder as nosas raíces e continuar sendo un referente no audiovisual na nosa área de influencia”, asegura Carlos Montero.

Ademais, dende o festival anuncian que esta colaboración culminará nunha actividade especial durante asemana do festival, que se celebrará do 28 de agosto ao 6 de setembro. Dende a organización adiantan que durante este décimo aniversario do FIC Vía XIV haberá actividades musicais, cinema, gastronomía, artes plásticas e programación para a cativada da vila.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>