Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Éxito do Concerto Solidario en Verín: 1.130 euros recadados para cinco entidades sociais da comarca
Éxito do Concerto Solidario en Verín: 1.130 euros recadados para cinco entidades sociais da comarca PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Abril 2025 12:07

O Conservatorio Profesional de Música de Verín, en colaboración coa súa ANPA e o Concello de Verín, celebrou o pasado 29 de marzo un Concerto Solidario no Auditorio Municipal, cunha acollida extraordinaria tanto en participación como en recadación. O evento conseguiu reunir un total de 1.130 euros, que foron repartidos equitativamente entre cinco organizacións sociais da comarca, resultando nunha achega de 226 euros para cada unha: Femuro, Cáritas, Cruz Vermella, CDR Portas Abertas e a Asociación Española Contra o Cancro.

Esta iniciativa partiu da ANPA do Conservatorio, que propuxo ampliar a convocatoria solidaria a todas as entidades sociais da comarca e organizar un acto aberto, plural e inclusivo. Esta proposta foi acollida e asumida colectivamente, como todas as decisións que se toman no conservatorio, acadando un récord histórico de recadación solidaria.

O concerto contou coa actuación da Minibanda CMUS de Verín, a Banda de Música de Verín, o Coro do Conservatorio, a Coral de Verín e o grupo de acordeóns “Sons do Mestremiro”. Ademais, previamente ao concerto, o público puido visitar no hall do Auditorio Municipal os stands informativos das entidades colaboradoras.

Máis de 200 persoas asistiron ao evento, o que supón unha excelente resposta cidadá. O éxito do formato abre a porta a seguir traballando nesta liña nos vindeiros anos, co obxectivo de ampliar a programación a outros sectores da poboación, especialmente a xente nova, incluíndo propostas específicas para achegar a este público dentro das actividades musicais e sociais do conservatorio.

Un modelo xusto, colectivo e coherente coa realidade social actual

Nun momento coma o actual, no que son moitas as organizacións que traballan para mellorar a vida das persoas da comarca, a organización considerou xusto e coherente repartir os fondos entre todas elas.

O concelleiro responsable da área de Conservatorio, Diego Lourenzo, destacou: «Este concerto non só foi unha mostra do talento musical da nosa vila, senón tamén unha demostración do compromiso solidario de Verín. Foi un exemplo de colaboración entre institucións, alumnado, familias e tecido social».

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>